GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ecuatorianos, colombianos e peruanos encabezan os nacionalizados españois

(07/01/2014)

Ecuatorianos, colombianos e peruanos encabezan os nacionalizados españois

lainformacion.com

luns, 06/01/14 -




A Seguridade Social perdeu 85.041 afiliados en 2013, a maioría homes e estranxeiros

(EFE) Os ecuatorianos, colombianos, peruanos e marroquís encabezan a lista dun total de 71.383 inmigrantes que puideron confirmar en 2013 a obtención da nacionalidade española, segundo un informe do Consello Xeral do Notariado ao que tivo acceso Efe.

Como paso final para obter a nacionalidade, os solicitantes, todos eles residentes en España, declararon ante notario a súa fidelidade ao rei e prometeron a súa obediencia á Constitución e demais leis españolas.

O Ministerio de Xustiza e o Notariado asinaron o pasado 2 de abril un acordo polo que os notarios, na súa condición de funcionarios públicos, se comprometeron a realizar gratuitamente as xuras ou promesas para axilizar este último trámite que afectaba a 270.000 persoas que obtiveran a nacionalidade española no 2012.

Segundo o informe do Consello Xeral do Notariado, o maior número de solicitantes foi de inmigrantes procedentes de Ecuador, 11.336, seguidos de oriúndos de Colombia, con 10.973; Marrocos, con 7.436; Perú, con 7.336; Bolivia, con 6.673, e República Dominicana, con 4.427.

Tamén o fixeron 2.511 nacidos en Arxentina, 1.775 de Cuba, 1.713 de Venezuela, 1.362 de Brasil, 1.147 de Paquistán, 996 de Paraguai, 926 de Chile, 779 de Uruguai, 740 de México, 712 de Honduras, 653 de Filipinas, 386 de Arxelia, 351 de Senegal, 333 de Nixeria, 257 de India, 256 de Romanía, 226 de Bangla Desh, 221 de Rusia e 214 de Gambia.

En canto á idade dos inmigrantes solicitantes da nacionalidade española por residencia, 13.412 son homes e mulleres de 31 a 35 anos e 13.063 de 36 a 40 anos. Case a metade, 33.968, están casadas, e outros tantos, 33.863, son solteiros.

Cataluña, con 32.267 xuras ou promesas asinadas, foi a comunidade na que máis expedientes atenderon os notarios seguida de Madrid, con 20.506, e Valencia, con 4.543. Andalucía rexistrou 3.373; Baleares, 1.776; e Castela-A Mancha, 1.453.

A maioría dos que xuraron respectar a Constitución, 62.853, desexaron conservar o seu nome, mentres que 10.653 preferiron cambialo. Destes, 1.704 foron colombianos, 1.459 ecuatorianos e 1.128 peruanos, así como 998 marroquís, e 619 dominicanos.

Por último, 51.181 dos novos españois non quixeron renunciar á súa primeira nacionalidade, mentres que 15.958 si o preferiron. Dos que desexaron o cambio de nacionalidade, 7.412 eran de Marrocos e 1.144 de Paquistán.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas