GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda anima as comunidades galegas en Madrid a facer actividades conxuntas

(18/12/2013)

Miranda anima as comunidades galegas en Madrid a facer actividades conxuntas

Redacción, Madrid | 17 Decembro 2013 -

Crónicas da Emigración


El secretario xeral a la puerta del Centro de Móstoles.
O secretario xeral á porta do Centro de Móstoles.

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou no Festival de Nadal organizado polo Club de Xornalistas Galegos en Madrid, que preside Pilar Falcón, no que participaron os coros dos centros da diáspora en Alcalá de Henares, Villalba de Madrid, Móstoles, Alcobendas, ademais do propio Madrid, e que tivo lugar nesta ocasión no Centro Cultural Eduardo Úrculo.

O Concerto é un evento anual que proba a capacidade e vontade de integración dos galegos na capital española. Para esta ocasión contouse coa colaboración de Óscar Ibáñez e a banda de gaitas LumeViqueira, que agasallaron coas súas actuacións os máis de 400 asistentes ao acto.

En opinión do responsable de Emigración da Xunta, "esta unión das Comunidades consegue actividades máis relevantes, reforza os enlaces entre os cidadáns residentes fóra da Galicia territorial, e garante unha solvencia nas súas actuacións que, doutro xeito, sería máis complicado conseguir. Nesta capacidade para traballar xuntos reside en boa parte o futuro da 'galeguidade', en Madrid como no resto de España e do mundo".

Traballar unidos

Rodríguez Miranda aproveitou a súa estanza na capital española para coñecer fisicamente as sedes de tres comunidades galegas, nas que expuxo as liñas de actuación do departamento que dirixe para 2014.

En Móstoles, Alcobendas e Fuenlabrada, o secretario xeral da Emigración animou a traballar en colaboración aínda máis estreita con outras entidades galegas do ámbito, de maneira que actividades como a do concerto de Nadal sirvan como exemplo para conseguir fórmulas de colaboración que favorezan a toda a 'galeguidade', e ás sociedades locais onde se insiren as comunidades galegas. Ademais, en Fuenlabrada, Rodríguez Miranda tivo oportunidade de saudar a nova directiva, e comprometer o seu apoio á liña de impulso renovado que os directivos da nova etapa queren inxectar na entidade.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas