GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Muros recibe unha proposta para hermanarse coa cidade de Newark

(17/12/2013)

Muros recibe unha proposta para hermanarse coa cidade de Newark

Caridad González cos obsequios recibidos. Marcos creo

 

A alcaldesa de Muros, Caridad González, acaba de regresar dunha estancia en Newark de carácter particular na que aproveitou para atoparse con veciños do municipio que residen en Estados Unidos. Froito diso, recibiu unha proposta de irmandamento coa cidade de Newark, no estado de Nova Jersey, que está a estudar.

A rexedora sinalou que hai un importante número de muradáns que viven nesta localidade, polo que existen estreitos vínculos entre ambas. O principal escollo para aceptar a solicitude é o económico, dado que Caridad González sinala que as arcas locais non se atopan en situación de afrontar os gastos derivados dos actos que inevitablemente leva un irmandamento.

Durante a súa estancia, a alcaldesa tamén acudiu a unha cea organizada pola Casa de Galicia en Nova York. No transcurso da mesma, a mandataria recibiu un memorándum, asinado polo alcalde, no que se destacan as virtudes do termo muradán e defínese á súa poboación como moi laboriosa.

A velada discorreu na sede que a Casa de Galicia ten en Queens e á mesma asistiron numerosos emigrantes.

A mandataria tamén recibiu un obsequio. Caridad González sinalou que se sentiu moi agradecida polo recoñecemento tributado e polo estreito vínculo existente co termo muradán.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas