GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Lei de Seguridade Cidadá modificará a Lei de Estranxeiría

(17/12/2013)

A Lei de Seguridade Cidadá modificará a Lei de Estranxeiría

A Lei de Seguridade Cidadá que quere aprobar o Goberno afectará aos inmigrantes e modificará a Lei de Estranxeiría

www.parainmigrantes.info 16 de decembro de 2013

Seguro que oíches falar da Lei de Seguridade Cidadá e do anteproxecto que se está a debater nos últimos días.

Terás oído que esta lei pretende o endurecemento das penas e sancións económicas por actos de protesta e desobediencia e sobre o feito de que se limita o dereito de reunión, entre outras novas medidas.

Non obstante, o que ao mellor non oíches, é que esta a aprobación desta lei supoñerá a modificación da Lei de Estranxeiría para facilitar a expulsión de inmigrantes en situación irregular.

ley de extranjería

O anteproxecto da Lei de Seguridade Cidadá incorpora unha disposición adicional primeira que establece a modificación das condicións para proceder á expulsión. A actual lei establece que a sanción principal a impoñer a un estranxeiro que está en España en situación irregular é a sanción económica, e que a expulsión se determinará sobre a base do "principio de proporcionalidade". Aínda que esta medida, na práctica, se aplicaba case á inversa, onde a policía ten tendencia a abrir procedementos de expulsión en todos os casos. Non obstante, a partir do ano 2006, o Tribunal Supremo foi creando xurisprudencia baseándose precisamente nesa referencia á proporcionalidade, de tal forma que a multa imposta aos estranxeiros debía ter relación directa coa infracción cometida e reservando a expulsión só para os feitos máis graves. Pero no novo articulado que se pretende, a sanción e o proceso de expulsión xa non son excluíntes e eliminouse esa referencia á proporcionalidade polo que mesmo polo simple feito de encontrarse en situación irregular os expedientes de expulsión poderían chegar a prosperar. Desta forma, o Goberno podería estar a eliminar a xurisprudencia creada sobre este problema.

Por outro lado, o anteproxecto tamén prevé lexislar outros aspectos sen ter que chegar a modificar directamente a lei de estranxeiría. Por exemplo, o artigo 38 do anteproxecto establece a perda do dereito a solicitar permisos de residencia ou traballo a aquelas persoas que cometan infraccións graves ou moi graves. Tendo en conta que moitos actos de desobediencia ou protesta serán considerados como graves, moitos inmigrantes poderían verse afectados e perder a súa residencia por actos como facer botellón, opoñerse ao seu desafiuzamento ou realizar calquera acto de desobediencia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas