GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Presentado o primeiro título da colección 'A emigración Galega: América do Sur'

(16/12/2013)

Presentado o primeiro título da colección 'A emigración Galega: América do Sur'

Redacción, Santiago | 16 Decembro 2013 - Crónicas da Emigración


Rodríguez Miranda y Ramón Villares –en el centro– presidieron el acto.
Rodríguez Miranda e Ramón Villares -no centro- presidiron o acto.

A obra 'A emigración galega: América do Sur', coordinada por Pilar Cagiao e editada por Francisco Rodríguez Iglesias, presentouse o venres da pasada semana no Consello da Cultura Galega (CCG), durante un acto ao que asistiron, entre outros, o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o presidente do Consello, Ramón Villares.
Tras analizar os séculos coloniais como precedentes históricos da primeira emigración dos galegos a Sudamérica (século XVIII), a obra entra de cheo no século XX e na emigración masiva que comeza no litoral de Galicia e se vai esparexendo cara ao interior.
A finais da primeira década do XIX, a colectividade galega do Río da Prata -convertido definitivamente no destino preferente da área sudamericana- era xa o maior en número de todas as peninsulares. A partir de 1840 ábrese o período da emigración en masa.
Para financiar a viaxe, o campesiño galego dispoñía dalgún ben, como a terra, susceptible de ser vendido ou hipotecado; e, unha vez iniciado un fluxo migratorio, moitos dos primeiros emigrados chamaron a familiares e veciños, constituíndo auténticas cadeas migratorias.
O asociacionismo galego (irmandades, centros galegos, etc...), a solidariedade e as relacións entre paisanos, a importancia da emigración feminina, os exiliados e a integración nos países de acollida son aspectos fundamentais que esta obra esmiúza ao longo de 400 páxinas.
Este primeiro título da serie conforma unha xoia documental e estética, por canto ten un esmerado acompañamento gráfico que ilustra, con espectaculares fotografías a realidade vivida por estes emigrantes en América, pero tamén aquí, antes e agora.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas