GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rodríguez Miranda comprometeuse a colaborar coa dixitalización que leva a cabo o MEGA

(29/11/2013)

Rodríguez Miranda comprometeuse a colaborar coa dixitalización que leva a cabo o MEGA

Mariana Ruiz, Bos Aires | 27 Novembro 2013 - Crónicas da Emigración

Miranda firma, en presencia de Francisco Lores, el libro de visitantes ilustres de la Federación.

Miranda firma, en presenza de Francisco Lores, o libro de visitantes ilustres da Federación.

 

 

O secretario Xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, finalizou onte, na cidade de Bos Aires, a súa xira sudamericana. Durante o segundo tramo da súa estanza en Arxentina, Miranda visitou o Museo da Emigración Galega (MEGA) e comprometeuse a colaborar no equipamento necesario para continuar coa dixitalización que leva a cabo o MEGA.

No último tramo da súa viaxe, Miranda retornou a Arxentina dende Uruguai, para desenvolver a última parada da súa axenda de traballo que comezou cunha visita á Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina e continuou con outra visita ao Centro de Xubilados e Internados de Abeledo. Pola tarde, o titular da carteira galega de Emigración presenciou a conferencia do Deán da Catedral de Santiago de Compostela, Segundo Pérez, no Club Español, reuniuse co subsecretario de Dereitos Humanos do goberno Autónomo da Cidade de Bos Aires, Claudio Avruj, e participou na apertura das Xornada de formación en Comercio Internacional ditadas polo especialista Javier Balbín e organizadas pola Asociación de Empresarios Galegos da Arxentina (AEGA).

 

Reunión co subsecretario de Dereitos Humanos do goberno da cidade

No marco da súa segunda visita á Arxentina, o secretario xeral de Emigración reuniuse co subsecretario porteño de Dereitos Humanos, Claudio Avruj, con quen acordaron traballar para dar contido ao convenio marco de colaboración que asinaron no seu momento o xefe do Goberno porteño, Mauricio Macri, e o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo.

A reunión foi "moi frutífera", valorou Miranda ao termo do encontro que mantiveron o martes 26 no despacho de Avruj. "O obxectivo -avanzou- é comezar a traballar en conxunto a Cidade de Bos Aires, Galicia e as asociacións da colectividade". "O que nos propoñemos -afondou- é que as asociacións galegas da Arxentina se abran á comunidade, que comecen a traballar portas a fóra, que poidan compartir o legado cultural galego cos porteños,".

Pola noite, Miranda participou na primeira xornada de capacitación en comercio internacional que organizou a Asociación de Empresarios Galegos de Arxentina, en colaboración coa Xunta de Galicia.

Neste encontro, que estivo A Cargo de Javier Balbín, analizaron a conveniencia de establecer alianzas entre empresas arxentinas e galegas, como unha das vías para a internacionalización.

No marco destas xornadas que se desenvolven entre o martes 26 e o mércores 27, Balbín ten previsto afondar nos diferentes aspectos que involucran o comercio doméstico e o internacional. Nesta oportunidade, afondaremos na contratación, analizamos como as empresas deben montar os seus plans estratéxicos e logo en todos os aspectos que involucran a contratación", explicou.

A Secretaría Xeral de Emigración adianta que colaborará co MEGA

Recén chegado de Montevideo (Uruguai) Rodríguez Miranda, acompañado polo delegado do Goberno galego en Arxentina, visitou a Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina. Alí, recibiuno o seu presidente, Francisco Lores; o subdirector do Museo da Emigración Galega (MEGA), Miguel Chilotegui, e algúns integrantes da xunta directiva da institución que lle mostraron a actividade que, tanto a Federación coma o Museo, veñen desenvolvendo.

Durante o percorrido, o presidente da Federación trasladoulle ao secretario xeral a necesidade dun equipamento para levar a cabo a dixitalización da documentación que atesoura a institución. Algo no que Miranda se comprometeu a colaborar. Neste sentido, adiantou que a carteira de Emigración vai responder" a ese requirimento e apuntou que teñen "o compromiso da Federación" de permitir que as demais entidades da colectividade que posúan documentación e material valioso tamén poidan dixitalizalo.

Sobre a entidade, Miranda sinalou que a tarefa da Federación é "encomiable" e "necesaria". "A verdade -afondou- é que é un canto que ten un montón de tesouros da nosa historia, coas súas evocacións, loxicamente. Eu quedaría coa idea da liberdade sobre a que traballaba toda a xente que aparece alí recompilado o seu xeito de ver e sentir Galicia, dende diferentes puntos de vista, nun momento complicado da nosa historia,".

Visita ao Centro de Xubilados e Internados de Abeledo

A medio día, Antonio Miranda, acompañado por Alejandro López, visitaron o centro xubilados e internados, de Avellaneda.

Na sede da asociación, o titular da carteira galega de Emigración reuniuse cun grupo de persoas maiores que participaban das actividades que alí se desenvolvían. Ao respecto, sinalou que o Centro responde a unha das prioridades que se fixa a carteira e que é apoiar en primeiro lugar a aquelas entidades que realicen actividades de carácter socio asistencial.

Neste sentido, precisou que se trata daquelas entidades que traballan cos maiores; "que son -dixo- os máis necesitados e os que poden sufrir con maior facilidade situacións de vulnerabilidade". Polo tanto, adiantou que dende a Secretaría Xeral propenderán a que todas as asociacións da colectividade "se comprometan, dalgún xeito, co ámbito social" e a aquelas que xa o están a facer as axudarán.



Na disertación do deán da Catedral de Santiago de Compostela

O martes 26 pola tarde, o responsable galego de Emigración participou na entrega das 'compostelas' aos mozos que percorreron o Camiño de Santiago no marco da primeira edición do programa 'Conecta Galicia'.

Conecta Galicia' -un programa novo que reformula o antigo programa de campamentos- apunta a promover o Camiño de Santiago e permitir que os mozos poidan compartir a experiencia de vivir o camiño, explicou Miranda.

Antes, participara xunto ao conselleiro de Emprego e Asuntos Sociais, Santiago Camba, e ao delegado do Goberno Galego en Arxentina, Alejandro López, na conferencia que ofreceu o deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez, sobre o Códice Calixtino, no Club Español de Bos Aires.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas