GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os emigrantes españois son moi novos e cualificados, segundo o avance dunha enquisa do CEXT

(22/11/2013)

Os emigrantes españois son moi novos e cualificados, segundo o avance dunha enquisa do CEXT

Redacción, Madrid | 21 Novembro 2013 - Cronicas de la Emigración

Miras Portugal -a la dcha.-, en un momento de su intervención.

Miras Portugal - á dta-, nun momento da súa intervención.

As cifras de emigración disparáronse dende 2009. O 29,5% dos mozos españois emigraron en 2013, segundo o avance da enquisa 'Os mozos españois ante a migración' que Cristina Cuenta, investigadora do Colexio de Politólogos e Sociólogos presentou na mesa inaugural do seminario 'A emigración española: antecedentes e nova realidade'. Este avance de resultados representa o 10% do total das respostas (1.019 participantes), e refírese aos mozos que participaron na enquisa a través do portal CEXT. O 70% deles están a traballar e afirman ter cumprido as súas expectativas.

Un primeiro encontro protagonizado polo decano da Facultade de Humanidades, Comunicación e Participación da Universidade Carlos III de Madrid, Manuel Palacio; o director xeral de Migracións, Aurelio Miras Portugal; o director do proxecto CEXT, Jaime Solano; o secretario xeral de FEEX (Foro Español de Expatriación), Miguel Ángel Vidal, e a propia Cristina Cuenta analizaba a situación actual de España dentro do marco da emigración, un contexto histórico moi diferente ao dos anos 50. A maioría dos emigrantes españois actuais coñecían xa o país de destino, ben por motivos lúdicos ou bolsas de estudos como a Erasmus. Ademais, son emigrantes, en xeral, moi novos e cualificados. Iso si, as expectativas de retorno seguen sendo moi altas situándose, actualmente, arredor do 80%, aseguraba a investigadora.

"Vivir en varios países é positivo", asegurou durante a súa intervención Aurelio Miras, quen insistía na importancia da emigración para a educación e a creación de coñecemento universal. Así, a emigración afecta a España dunha forma positiva, aínda que, tal e como o director de Migracións concluía, non debemos esquecer a negatividade dos principais motivos que empurran a saír do país: a crise económica ou a busca de novas oportunidades.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas