GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O espírito galego invadiu Liechtenstein

(20/11/2013)

O espírito galego invadiu Liechtenstein

 

Manuel Figueroa -en la imagen de la izquierda- fue uno de los anfitriones de la fiesta, en la que participó el humorista Isi, a la derecha.  

Manuel Figueroa -na imaxe da esquerda- foi un dos anfitrións da festa, na que participou o humorista Isi, á dereita.

 

A distancia non foi un impedimento para que o espírito que preside calquera verbena galega contaxiásese por unha noite ao pequeno principado de Liechtenstein e incluso a algúns dos seus países veciños. Un pavillón de complexo nome, Spoerryhalle, no municipio de Schaan foi escenario o sábado pasado dunha festa que reuniu un ano máis -e xa van alá 16- á comunidade galega alí asentada e formada maioritariamente por xentes procedentes da Costa da Morte, como o muxián Manuel Figueroa, presidente do Centro Español Santiago Apóstolo.

Máis de medio milleiro de persoas, algunhas delas chegadas das cidades de Berna e Zúric tras pegarse unha boa enchenta de quilómetros, tomaron parte na cea coa que arrincou a velada. Pero ese número -xa maior que nas edicións precedentes- aumentou aínda máis cando chegou o momento de gozar da festa posterior. A orquestra Alaska Deluxe, que lidera outro muxián, Toni Otero, amenizou o arranque da celebración e, tras a actuación do cómico José Manuel Rodríguez Isi, encargouse de prolongar a festa ata as tres e media da madrugada. «Foi como actuar en Galicia, o ambiente era tan animado como o de calquera verbena das de aquí», aseguraba xa de volta en Galicia Otero para concluír sen dubidalo que, pese ao longo traxecto realizado -24 horas a ida e outras 20 a volta-, «valeu a pena».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas