GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Diego Calvo: "Manter o noso apoio aos centros galegos é facer xustiza ante o impagable traballo e o esforzo dos que levan décadas na emigración"

(19/11/2013)

"Manter o noso apoio aos centros galegos é facer xustiza ante o impagable traballo e o esforzo dos que levan décadas na emigración"

18 Novembro 2013 - Cronicas de la Emigración

Diego Calvo, inaugurando unas nuevas instalaciones en el centro de Corcubión en Buenos Aires.

Diego Calvo, inaugurando unhas novas instalacións no centro de Corcubión en Bos Aires.

"Manter o noso apoio aos centros galegos é facer xustiza ante o impagable traballo e o esforzo dos que levan décadas na emigración". Así de contundente mostrouse o presidente da institución provincial coruñesa, Diego Calvo, durante a viaxe que o levou por Arxentina, Brasil e Uruguai, nunha visita que lle permitiu coñecer de primeira man o traballo que se realiza nos centros galegos no exterior. Con todos eles se comprometeu a manter o apoio nos próximos anos, malia a delicada situación económica que atravesa o noso país.
O obxectivo principal da Deputación da Coruña como Administración Pública foi, é e será velar polos seus cidadáns. Por iso, dende a institución que preside Diego Calvo, e a través dos seus programas de axudas, nunca se esquece dos galegos que tiveron que deixar as súas casas e os seus lugares de orixe para emigrar a outros países en busca dun futuro mellor.
Latinoamérica foi un dos principais destinos destes galegos. Unha vez alí, as persoas que compartían raíces, situación e, en moitos casos, problemas, uníronse para crear centros e sociedades. Estas foron numerosas, especialmente en Arxentina, Uruguai e Brasil, onde se encontra o maior número de persoas oriúndas da comunidade galega.
O obxectivo destas colectividades era nun principio manter os seus vínculos con Galicia, tanto no ámbito cultural coma no social.

Pero, co tempo, fóronse convertendo en centros que prestaban servizos públicos para os seus asociados en campos como a saúde ou a formación. Algúns deles convertéronse en puntos claves para a asistencia dos emigrantes, como é o caso dos fogares para maiores.
Por iso, e porque a Deputación da Coruña é consciente de que sofren as consecuencias dunha situación económica problemática, Diego Calvo comprometeu manter o apoio económico demostrado ata agora. O titular da Deputación falou con todos os directores e responsables dos centros visitados acerca das súas particulares situacións económicas, así como das súas necesidades máis urxentes.
As axudas da Deputación da Coruña foron destinadas a colaborar no financiamento de parte do seu funcionamento, como son os gastos ordinarios, básicos para o desenvolvemento das súas actividades pero para os que, en moitas ocasións, non contan con medios dabondo para poder facerlles fronte.
Outra parte importante das axudas provinciais foron destinadas á realización de pequenas reparacións ou actuacións de conservación nos locais sociais. Tamén se utilizaron para dotar de mobiliario e equipamento a estes centros, e mellorar así os servizos que estas entidades prestan os asociados.
Este foi o caso dos convenios asinados coas asociacións que a Sociedade Unión Partido Xudicial de Ordes, a Sociedade Centro Arzuano Melidense, a Asociación social e cultural Santa Comba de Xallas e a Sociedade Parroquial de Vedra teñen en Bos Aires.
Mención á parte merece a colaboración que ano tras ano se vén establecendo con aquelas organizacións que dedican os seus esforzos á atención dos maiores, xeralmente emigrantes galegos de primeira xeración, tales como o Fogar Galego para Anciáns de Bos Aires, o Fogar Español de Montevideo, ou a Residencia Santiago Apóstolo de Río de Janeiro.
Con todas estas institucións a Deputación da Coruña mantén un contacto permanente, interesándose polas súas inquietudes e necesidades, xa que os múltiples e cuantiosos gastos que supón o seu funcionamento non logran cubrirse coas achegas dos residentes e as axudas estatais.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas