GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Antonio Rodríguez Miranda. "Unha persoa que non ten intención de defraudar non debe ser obxecto de castigo"

(18/11/2013)

"Unha persoa que non ten intención de defraudar non debe ser obxecto de castigo"

Elena Fernández, Santiago | 16 Novembro 2013 - Cronicas de la Emigración

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, pronunciouse o pasado venres sobre a situación que están a vivir algúns emigrantes retornados de Europa aos que a Axencia Tributaria reclama cantidades pendentes de declarar por percibir unha pensión estranxeira e lles esixe o pagamento dunha multa, así como o aboamento das contías con efecto retroactivo dende 2008. A este respecto, Miranda entende que os cidadáns xa saben que "cada un ten que cumprir coas súas obrigas". Non obstante, "unha persoa que non ten intención de defraudar non debe ser obxecto de castigo", aclara.
Así se pronunciou o Parlamento galego respecto a este conflito que provocou mesmo mobilizacións en distintas cidades de España, e esa mesma teoría é a que defende o secretario xeral cando se lle pregunta sobre o particular.
Das súas palabras sobreenténdese que os españois e galegos afectados polas reclamacións da Axencia Tributaria non deberían ser obrigados a aboar as cantidades que se lles esixe en concepto de atrasos e como multa, posto que moitos deles aseguran que en ningún momento se lles esixiu que tributasen e que existen convenios entre España e Alemaña que os exime do pagamento das devanditas cotas. Ademais, algúns deles alegan que consultaron a súa situación nalgúns estamentos e que a resposta foi que non tiñan que declarar a pensión que reciben do exterior.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas