GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Comisión Delegada de Comunidades Galegas reúnese o próximo día 15 en Santiago

(08/11/2013)

A Comisión Delegada de Comunidades Galegas reúnese o próximo día 15 en Santiago

Redacción, Vigo | 06 Novembro 2013 -Cronicas da Emigración

A Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas reúnese o próximo 15 de novembro en Santiago de Compostela co obxecto de facer balance das actuacións da Secretaría Xeral de Emigración no ano 2013, así como de presentar o documento coas liñas básicas do decreto sobre os órganos de representación do devandito Consello.

Durante a reunión, que comezará ás 10,00 horas, emitirase un informe sobre as liñas de axudas e subvencións que a Secretaría Xeral de Emigración programa para o ano 2014.

A Comisión Delegada reuniuse con carácter extraordinario o pasado 24 de xullo, tamén en Santiago de Compostela, e naquela ocasión os integrantes desta tiveron a oportunidade de expoñer o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, os problemas que afectan á diáspora nas distintas zonas xeográficas ás que representan.

Naquela ocasión, en presenza do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, analizouse preferentemente a Lei da Galeguidade e desenvolvéronse distintos puntos de dita Lei.

Á comisión do próximo día 15 acudirán, ao igual que aconteceu na anterior convocatoria, representantes da Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa, do Centro Cultural Galego de Frankfurt, do Centro Galego de Londres e do Centro Galego de Bruxelas, por Europa. Por América, estarán representados a Irmandade Galega de Venezuela, o Centro Galego de Montevideo, a Asociación Unión do Partido Xudicial de Ordenes en Bos Aires e a Sociedade Cultural Rosalía de Castro de Cuba. Por España, a Agrupación Cultural Saudade, o Centro Galego de Salamanca, a Agrupación Fillos de Galicia en Sestao e o Lar Gallego de Sevilla. Como membros natos, acudirá un representante polo Centro Galego de Bos Aires e outro pola Casa de Galicia de Montevideo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas