GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda visitou as capitais de Francia e Bélxica, onde hai máis de 20.000 galegos

(05/11/2013)

Miranda visitou as capitais de Francia e Bélxica, onde hai máis de 20.000 galegos

Redacción, Santiago | 04 Novembro 2013 - Cronicas de la Emigración

El secretario xeral de Emigración –segundo por la izquierda– en su visita a Nosa Casa de Galicia en París, con miembros de la directiva y socios de la entidad.

O secretario xeral de Emigración -segundo pola esquerda- na súa visita a Nosa Casa de Galicia en París, con membros da directiva e socios da entidade.

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou Bruxelas e París, nunha nova etapa do seu percorrido polos países europeos con colonias galegas significativas, despois de achegarse en meses anteriores a Alemaña, Suíza e Reino Unido. Concretamente, e segundo datos do Padrón de Españois Residentes no estranxeiro, en Bélxica residían a 1 de xaneiro de 2013 un total de 2.664 galegos, e en Francia 18.325. No primeiro caso, estímase que a maioría reside na capital, e no caso da república gala, París, Marsella e Toulouse foron os destinos prioritarios da diáspora.



A viaxe do máximo mandatario autonómico en materia de Emigración comezou en Bruxelas, onde se reuniu en primeiro termo con membros da Casa de Galicia da capital belga. Despois, achegouse a coñecer a sede, e entrevistouse con representantes do Centro Galego, onde animou ambas as dúas entidades a traballar en colaboración.
Aínda na capital belga, Miranda mantivo un encontro con Michel Schoonbroodt, director federal das Jeunesses Musicales, institución que cada ano organiza o festival 'Fenêtre Ouverte', de varias xornadas de duración, con presenza en múltiples puntos da capital europea, no que participan músicos de diversos países, e que en cada edición se dedica a unha rexión europea. Trátase dunha iniciativa que, ademais, expón a actualidade musical, cultural e social do ámbito xeográfico protagonista. Schoonbroodt trasladou ao secretario xeral de Emigración o desexo da súa organización de que Galicia sexa a protagonista en 2015.

Obxectivo compartido
Rodríguez Miranda quixo trasladar á diáspora de Bruxelas, como despois o fixo coa parisiense, o desexo da Xunta de colaborar máis estreitamente coas comunidades galegas do exterior, e aproveitar a súa experiencia e bagaxe para alcanzar unha maior proxección internacional de Galicia. O secretario xeral de Emigración comprobou, nestes últimos meses, que este obxectivo é plenamente compartido polos cidadáns residentes fóra da Galicia territorial.
A este respecto, Miranda puido coñecer de primeira man as impresións que os galegos de Bélxica teñen respecto das potencialidades a explotar por Galicia en materia turística ou cultural, entre outros aspectos, e fixo o propio no seu primeiro contacto coa diáspora en Francia.
Así, en París, o secretario xeral de Emigración entrevistouse coa nova directiva da Nosa Casa de Galicia da capital francesa, e puido conversar con algúns dos socios e socias da entidade, que atravesa un momento de transición, pero á que se lle adiviña un futuro prometedor pola vitalidade e xuventude de moitos dos seus participantes máis activos. Neste sentido, Miranda comprometeu todo o apoio posible da Xunta para axudar ao relanzamento do Centro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas