GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A UE evita comprometer diñeiro ou novos medios fronte á inmigración irregular

(28/10/2013)

A UE evita comprometer diñeiro ou novos medios fronte á inmigración irregular

marta borrás. BRUXELAS -26-10-2013 La Región

Os líderes da Unión Europea (UE) evitaron onte comprometer diñeiro ou novos instrumentos para frear a crecente chegada de inmigrantes irregulares, malia estar de acordo en que fai falta unha 'acción firme' se se quere evitar traxedias como a acontecida en Lampedusa.

Premidos por Italia, España e o resto dos países afectados pola inmigración a través do Mediterráneo, os vinte e oito socios comunitarios comprometéronse a abordar as causas do fenómeno e a buscar fórmulas a curto, medio e longo prazo. 'Todos estamos de acordo en que hai que compartir responsabilidades cos Estados membros máis afectados polos fluxos migratorios', dixo o presidente do Consello Europeo, Herman Van Rompuy, quen non obstante, dixo que o debate dos líderes foi só 'xeneral' e que se espera que 'a toma de decisións' se produza na cita de decembro, cando o Grupo de Traballo sobre o Mediterráneo recén constituído presentará 'propostas operativas' que non se concretarían ata xuño.

O presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, viu así avalado o seu plan para evitar traxedias derivadas da inmigración ilegal. Aínda que as medidas concretas non se adoptarán ata xuño, Rajoy sinalou que o Consello Europeo reaccionou con celeridade ante o naufraxio de Lampedusa e destacou o papel activo de España nesta cuestión 'vital para Europa'.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas