GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Un emigrante en Suíza recada fondos para axuda social en Coristanco

(25/10/2013)

Un emigrante en Suíza recada fondos para axuda social en Coristanco

Alejandro Blanco Blanco reside en Lucerna

Será o próximo día 30 de novembro, nunha sala da cidade, propiedade da parroquia, e que cederá gratuitamente. Colaboran o grupo de gaitas e de teatro Rosalía de Castro de Berna, ademais do Centro Galego de Zug (unha localidade próxima), ademais da agrupación de discapacitados de Lucerna e a principal empresa importadora de produtos españois Covin, de propiedade galega. Haberá actuacións, comida a base de callos e, sobre todo, ánimo por colaborar. A entrada custará 10 francos, e tamén recadarán fondos por outras vías, como as rifas para unha cesta cedida por Covin, ou o que se venda en bebidas, por exemplo.

 

Cuestión de conciencia

Alejandro Blanco , que foi presidente da Asociación Cultural Galega de Lucerna, sinalou que tomou esta decisión ao coñecer a situación dalgunhas familias. «Removeume a conciencia», explica, tras falar co alcalde coristanqués sobre outras cuestións e, no transcurso da conversación, coñecer o caso dunha familia con tres fillos que carece de recursos ata para pagar os recibos. «E daquela decidín facer algo», engade. A repartición exacta do diñeiro verase cando termine a celebración, e se a cantidade é moderadamente alta, analizará se se pode fraccionar entre varios beneficiarios, «para que sexan cantidades suficientes e dignas». A entrega realizaraa el persoalmente en Coristanco ante o alcalde. «Quero que ese diñeiro o poidan usar as familias que máis o necesiten no Nadal».

Blanco , que leva 18 anos en Suíza, segue atónito ante a chegada de emigrantes. Pero moitos teñen que regresar porque non hai traballo para todos: «Temos visto casos tremendos, nalgún houbo que facer colectas para que puidesen regresar a España, porque gastaran todo e non atoparan nada».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas