GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os retornados poderán pedir subvencións para crear a súa propia empresa ata o 15 de novembro

(22/10/2013)

Os retornados poderán pedir subvencións para crear a súa propia empresa ata o 15 de novembro

| 21 Outubro 2013 - Cronicas de la Emigración

El secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, explicó las ayudas a los retornados que ofrece su departamento a los miembros de la Comisión Delegada del Consello de Comunidades Galegas en su último encuentro. 

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, explicou as axudas aos retornados que ofrece o seu departamento aos membros da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas no seu último encontro.

 

 

Os emigrantes galegos que desexen retornar e desenvolver unha actividade emprendedora en Galicia dispoñen de prazo ata o próximo 15 de novembro para solicitar unha axuda da Secretaría Xeral de Emigración, destinada a subvencionar os gastos iniciais que leva consigo o establecemento como traballadores autónomos ou por conta propia, así como socios traballadores de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado, tales como gastos de notario e rexistro, taxas, licenzas administrativas, material de oficina non inventariable e honorarios profesionais. A medida enmárcase dentro da promoción do retorno dos galegos emigrantes e os seus familiares, recollida na Lei de Galeguidade, aprobada o pasado mes de xuño.



Os galegos e nacidos en Galicia que, residindo fóra de España, retornen á comunidade autónoma, e os cónxuxes (ou con unión análoga á conxugal) e fillos destas persoas que igualmente se establezan na rexión poderán beneficiarse da partida de 50.000 euros que o departamento de Emigración da Xunta destina para impulsar o retorno dos integrantes deste colectivo que mostren espírito emprendedor, creando a súa propia empresa ou participando como socios de cooperativas de traballo.
A resolución da Secretaría Xeral (que saíu publicada no DOG do 27 de agosto) esixe como requisitos para poder percibir a devandita subvención acreditar a condición de persoa beneficiaria, estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España, non ter transcorrido máis de dous anos entre a data do seu retorno a España e a data da súa alta na Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional, residir e exercer a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma de Galicia e non incorrer en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións.

Traballadores autónomos ou por conta propia deberán ser titulares ou copartícipes dun negocio ou explotación ou formar parte dunha sociedade civil ou comunidade de bens de nova creación e terse dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional que corresponda, no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2013.
Polo que respecta aos socios traballadores de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado, as entidades deberán estar legalmente constituídas e/ou inscritas no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais de Galicia ou no Rexistro de Cooperativas de Galicia.
Igualmente, esíxeselles a filiación da entidade na Seguridade Social e de cada unha das súas persoas traballadoras no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2013.
Polo menos un dos socios traballadores deberá ter a condición de persoa beneficiaria.
Serán gastos subvencionables os gastos de primeiro establecemento tales como gastos de notario e rexistro, taxas, licenzas administrativas, material de oficina non inventariable e honorarios profesionais xerados no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2013 e a finalización do prazo de xustificación recollido nesta resolución.
Quedan excluídos do ámbito de aplicación destas bases os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.
Para estes efectos, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do referido prazo de xustificación.
O importe da subvención concedida será dun 80% do gasto subvencionable segundo o presuposto presentado, ata unha contía máxima de 3.000 euros, para o caso de traballadores autónomos ou por conta propia, e de 5.000 euros, para o caso de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.
As devanditas contías máximas incrementaranse en 1.000 euros máis cando a persoa solicitante teña 39 ou menos anos.
O prazo máximo para resolver será dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da data de entrada do expediente completo no rexistro da Secretaría Xeral de Emigración.
Unha vez recibida a documentación xustificativa da subvención, a Secretaría Xeral de Emigración, antes de proceder ao seu pagamento, poderá realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas