GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigrantes retornados reclaman hoxe solucións ao problema con Facenda

(15/10/2013)

Emigrantes retornados reclaman hoxe solucións ao problema con Facenda

Concentraranse ante o Parlamento de Galicia, coincidindo co primeiro día de debate sobre o estado da autonomía

Sinalan que, despois das palabras do ministro Cristóbal Montoro e ante o rexeitamento por parte do PP no Senado a unha iniciativa para regularizar a súa situación, os emigrantes son «moi pesimistas» sobre os problemas deste colectivo.

Así, esta plataforma critica que o Goberno que preside Mariano Rajoy «trata aos emigrantes coma se fosen defraudadores», aplicándolles «multas abusivas e inxustas», a pesar de que hai poucos meses «aplicou unha amnistía fiscal a defraudadores profesionais multimillonarios que teñen o seu diñeiro en paraísos fiscais».

«Está claro que non somos todos iguais: aos ricos aplícaselles a lei con toda a benevolencia, e aos pobres, que viven dunha pensión gañada despois de moito esforzo lonxe do seu fogar, o Goberno deixa caer sobre as súas costas todo o peso da lei», critica esta coordinadora.

 

Reclamacións

Os emigrantes retornados, que demandan «o apoio da sociedade galega», solicitan ao Goberno central que se anulen todos os expedientes sancionadores instruídos pola Axencia Estatal Tributaria e que foron notificados nos últimos meses a persoas beneficiarias de pensións no estranxeiro por non tributar estas cantidades.

Tamén reclaman que se facilite a regularización da situación 2008-2012 «sen fixar para as persoas que se atopen esta situación recargas nin intereses de demora», así como iniciar unha campaña de información a todas as persoas afectadas para indicarlles as súas obrigacións tributarias futuras, «anulando os requisitos» relativos ao período inspeccionado.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas