GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inmigración e desacordos

(14/10/2013)

Inmigración e desacordos

JOSÉ MANUEL ESTÉVEZ-SAÁ

O Correo Galego / Luns 14.10.2013

O COMPROMISO asumido en Luxemburgo polos ministros de Interior da UE para reforzar as competencias da axencia europea de xestión de fronteiras FRONTEX, contrasta coas limitacións dun organismo que viu mermado o seu orzamento en case un 25% nos últimos anos. Mentres en Italia se formulan a descriminalización dos inmigrantes ilegais, Reino Unido confirma a súa decisión de facer todo o contrario, non só sancionando os que aluguen vivendas a extracomunitarios, ­sino impedindo que poidan abrir unha conta bancaria ou sacar o permiso de circulación. Pero este desaxuste nas políticas de inmigración non é novo. 15 dos 28 socios da UE (incluída Francia, Alemaña, Finlandia, Grecia ou Italia) sancionan con penas de cárcere e severas multas aqueles que, mesmo baseándose no dereito de amparo, ofrezan acubillo ou axuda aos inmigrantes irregulares, pois consideran que esta actitude favorece o tráfico ilegal de seres humanos (algo que está a estudar España na súa reforma do Código Penal). Mesmo Lituania aplica políticas máis que rigorosas, algo que chama a atención non tanto por presidir o Consello da UE, canto porque o seu ministro de Interior reclamaba estes días unha "resposta lexislativa unánime" e economicamente solvente ante as redes ilegais de inmigración.

Mentres algúns Estados apostan por reforzar a vixilancia nas augas fronteirizas e optimizar as barreiras de contención, outros prefiren políticas de prevención nos países de orixe, ao tempo que propoñen "corredores humanitarios" que axuden a xestionar os fluxos migratorios. Mentres algúns confirman a súa decisión de expulsar e repatriar aos irregulares aos seus lugares de orixe (condenándoos a "as torturas, as represalias, as mutilacións, ou a propia morte" das que xa falamos ("cara ao espazo Schengen", ECG 25/04/2011), outros prefiren modificar o Convenio de Dublín (e a súa Regulación II de 2003) para que os refuxiados poidan pedir asilo preventivo non só no primeiro país ao que cheguen, senón en calquera embaixada da UE. E mentres certos membros da Unión propoñen reforzar os centros de asilo e internamento dos países fronteirizos e parapetar aí o problema, outros apuntan á redistribución dos irregulares por toda a UE como medida para paliar os problemas de envellecemento demográfico. O certo é que mentres sigamos protexendo intereses económicos e políticos partidistas en vez de fixar a nosa atención no drama humano que motiva a traxedia, os "acordes e desacordos" dentro da UE seguirán aí, e os corpos mergullados nesas augas próximas a Lampedusa que no seu momento visitamos e describimos aquí non descansarán en paz.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas