GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigrantes con moita historia que contar

(11/10/2013)

Emigrantes con moita historia que contar

Unha persoa de 93 anos atópase entre o colectivo de 135 participantes no programa Reencontros na Terra 2013. Proceden de Brasil, Arxentina, Uruguai, Venezuela, Cuba e Paraguai e tiveron unha recepción no Museo do Pobo Galego, na que interviñeron o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; Manuel Vilar, do Padroado do Museo; e representacións dos visitantes e da Consellería de Traballo. A media de idade destes emigrantes é de 77 anos.

 

 

 

Compostela de novela

Outro emigrante, Manuel Losa Rocha (Santiago, 1940), residente en Uruguai, presentou a súa novela O pasadizo secreto. A última fuga. Conta unha historia ambientada na Compostela da guerra civil e a posguerra. Losa é socio fundador do Padroado de Cultura Galega de Montevideo, integra unha banda de gaitas, e é autor de varios libros, entre eles De Santiago a Montevideo.

 

 

 

Directivas de Galicia

A nova directiva de de Executivas Galicia foi recibida pola presidenta do Parlamento, Pilar Rojo. A organización ten como presidenta a Carla Reyes Uschinsky; vicepresidenta, Sonia Pazos; tesoureira, Mónica Álvarez; secretaria, Diana Ortega; e vocal Esther Carracedo. Aglutina a 70 directivas, empresarias e profesionais, e entregaron a Rojo as conclusións dun encontro celebrado no verán.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas