GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Bruxelas busca ´unha operación de rescate´

(09/10/2013)

Bruxelas busca ´unha operación de rescate´

A CE reclama o "apoio político e os recursos necesarios" dos gobernos europeos trala traxedia de Lampedusa

09.10.2013 | Faro de Vigo

A comisaria de Interior, Cecilia Malmström, pediu este martes "apoio político e recursos" aos gobernos europeos para organizar unha "gran operación de seguridade e rescate" no Mediterráneo, co obxectivo de que non se  repitan traxedias como a da semana fronte ás costas da illa italiana de Lampedusa, cando morreron centenares de inmigantes que trataban de chegar a chan europeo.

"Vou propoñer aos Estados membros organizar unha gran operación de FRONTEX (a axencia europea de xestión e control de fronteiras) que abarque o Mediterráneo no seu conxunto, desde España ata Chipre", declarou Malmström á prensa en Luxemburgo, á súa chegada a unha reunión de ministros de Interior da UE.

Os Vinte e oito examinarán durante o seu xantar o ocorrido en Lampedusa a petición da delegación italiana, despois de que Roma criticase a semana pasada a inacción da Unión Europea ante a presión migratoria que sofre o seu territorio e o elevado número de inmigrantes que morren no mar tratando de entrar en Europa polo país transalpino.

Nos últimos días, Bruxelas replicou ás autoridades italianas que está disposta a ofrecerlle apoio, pero que é necesario unha petición formal previa, xa que a xestión das fronteiras é competencia dos gobernos nacionais. Tamén criticou que os fondos asignados a FRONTEX redúcense cada ano, pese a que as solicitudes de asistencia de parte dos países van en aumento.

Neste contexto, os ministros de Interior europeo dedicarán parte do xantar a escoitar ao viceprimeiro ministro italiano e responsable de Interior, Angelino Alfano, expoñer a súa análise do ocorrido e suscitar as "necesidades inmediatas" de Italia para afrontar esta situación, segundo adiantou Malmström.
A comisaria insistiu en que necesita o "apoio político e os recursos necesarios" para poñer en marcha o proxecto dunha "gran operación de seguridade e rescate" no conxunto do Mediterráneo, para o que reclama o respaldo dos 28.

Pola súa banda, o ministro de Interior lituano e presidente de quenda da UE, Alfonsas Barakauskas, confirmou á súa chegada que a cuestión de Lampedusa será parte da discusión en Luxemburgo, pero non deu máis detalles sobre cal podería ser a resposta dos 28. "Os meus colegas xa dixeron que debemos asegurarnos de que este tipo de traxedias non se repitan", resolveu.

Tamén se pronunciou sobre o papel de FRONTEX o ministro alemán de Interior, Hans-Peter Friedrich, quen quixo subliñar que esta axencia "salvou do mar a 40.000 persoas nos últimos dous anos". Con todo, dixo, "é necesario mellorar o salvamento marítimo, para o que hai que abordar a nivel técnico moitas posibilidades".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas