GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ames lanza un servizo para axudar aos inmigrantes a atopar traballo

(08/10/2013)

Ames lanza un servizo para axudar aos inmigrantes a atopar traballo

O programa para dinamizar aos maiores Amessan terá máis grupos

 

Os departamentos de Benestar Social e Promoción Económica do Concello de Ames puxeron en marcha o programa Ames Integra. Trátase dun proxecto de formación e integración sociolaboral que está dirixido aos inmigrantes que residen no termo municipal. Terá un apartado de formación específica no que se enmarca un curso para obter o carné de manipulador de alimentos, un taller de lingua e cultura galega e a preparación dos exames en competencias crave. Tamén se lle prestará atención ao autoemprego, xa que é unha opción preferente dos colectivos con especiais dificultades de inserción.

As inscricións para formar parte do programa hai que formalizalas antes do xoves 10 de outubro cumprimentando unha solicitude que poderá entregarse na Casa do Concello (Bertamiráns) ou nas oficinas municipais de Milladoiro.

Por outra banda, onte botou a andar unha nova edición do programa Amessan, que este curso verá ampliado o número de actividades de prevención, promoción da saúde e dinamización para persoas maiores nas parroquias do municipio. Desta forma, e tras recoller opinións nas reunións mantidas a pasada semana cos veciños, o Concello programou cinco novos grupos en diferentes parroquias: catro de ludoteca cognitiva (Ameixenda, Bugallido, Cruxeiras e Tarroeira) e un de manualidades en Trasmonte.

 

Ata xuño

Amessan manterá as súas actividades ata o mes de xuño e este ano ofrece como novidade un novo taller denominado Achégate ao inglés. As inscricións, para as que fai falta unha copia do DNI, poden facerse o propio día no que comeza o programa ao longo desta semana.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas