GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Facenda sinala que os pensionistas retornados non tiveron ánimo defraudador

(08/10/2013)

Facenda sinala que os pensionistas retornados non tiveron ánimo defraudador

Redacción, Santiago | 07 Outubro 2013 - Cronicas de la Emigración

Elena Muñoz, en el Pleno.

Elena Munoz, no Pleno.

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, explicou que a inmensa "maioría" dos pensionistas galegos que traballaron no estranxeiro e que non tributaron nos últimos anos polas pensións xeradas nestes países non actuaron con ánimo defraudador, e instou a Axencia Tributaria a que amplíe os prazos de pagamento analizando as posibles solicitudes de aprazamento e fraccionamento. Muñoz xa se reuniu con representantes dos afectados que o solicitaron e tamén enviou senllas cartas ao ministro de Facenda e ao director da AEAT para propoñerlles posibles actuacións.



En resposta a unha pregunta oral no Parlamento, Elena Muñoz Fonteriz asegurou que a maioría dos pensionistas afectados non tiveron vontade de incumprimento dos seus deberes tributarios, e por iso considera que cando non existe intención defraudadora non cabe a imposición de sancións por parte da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

Encontro con afectados
Malia que a Xunta non ten competencia ningunha nesta materia, Muñoz Fonteriz explicou que o Goberno galego se puxo a traballar dende o primeiro momento en canto tivo coñecemento desta problemática. De feito, xa mantivo un encontro con representantes deste colectivo, que solicitaran manter unha reunión para trasladar as súas inquietudes.
Neste sentido, avanzou que o departamento autonómico enviou senllas cartas ao ministro de Facenda e Administracións Públicas e ao director da AEAT para subliñarlles a importancia deste tema para Galicia, con miles de afectados, e para propoñerlles posibles actuacións que faciliten o cumprimento destes pensionistas dos seus deberes tributarios.
Sobre isto, o departamento autonómico solicita á Axencia Tributaria estatal que preste "unha especial atención e consideración a este colectivo de afectados", e que analice as posibles solicitudes de aprazamento e fraccionamento da débeda tributaria que tivesen podido xurdir, concedendo prazos dilatados no tempo e máis extensos dos normalmente establecidos, e facendo así compatible o seu pagamento coa renda dispoñible dos afectados.
Na súa intervención no Parlamento galego, Muñoz Fonteriz atribuíu este problema a unha falta de información dos afectados, e resaltou tamén as "carencias de información" por parte dos países nos que estiveron a traballar. Por iso, o titular de Facenda considera que os afectados deben contar con toda a asistencia necesaria para poder afrontar esta situación do mellor xeito posible.
Así mesmo, manifestou a necesidade de analizar "algunhas disfuncións que, ao noso xuízo, poderían ser obxecto de revisión a nivel normativo", tanto no marco da lexislación española como nos distintos convenios de dobre imposición vixentes con outros países.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas