GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os técnicos de Facenda publican unhas recomendacións para a tributación dos pensionistas retornados

(27/09/2013)

Os técnicos de Facenda publican unhas recomendacións para a tributación dos pensionistas retornados

Redacción, Madrid | 26 Setembro 2013 - Cronicas de la Emigración

O sindicato de técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha) publicou unhas recomendacións para afrontar as reclamacións que a Axencia Tributaria fai aos emigrantes retornados.

Segundo explican, o primeiro que terían que facer os emigrantes retornados é saber se en realidade teñen que tributar ou non. Para iso, deben descubrir se o país onde se cobrou a pensión ten convenio con España para evitar a dobre imposición, que é onde se determina se se debe tributar no país de orixe do subsidio ou no país de residencia. En caso de que se deba tributar no país de residencia, os retornados terá que acollerse á lexislación española.

Se a tributación debe facerse en España, os técnicos de Facenda recomendan, aos que non recibisen a notificación de Facenda, facer unha declaración voluntaria dende o ano 2008 para evitar a sanción por non presentar a declaración da renda. Se non se fai a declaración voluntaria, Facenda podería iniciar un proceso de comprobación que daría lugar a unha notificación e sanción.

En caso de que xa se recibise a notificación, se a declaración sae a pagar, o retornado tería que pagar unha multa dun 50% do que a Axencia Tributaria considera que se defraudou. En caso de que o interesado estea de acordo con Facenda terá unha rebaixa do 30% e se ingresa o diñeiro no prazo establecido terá unha rebaixa adicional do 25%.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas