GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Queres retornar ao teu país e montar un proxecto empresarial?

(25/09/2013)

Queres retornar ao teu país e montar un proxecto empresarial?

Programa de retorno voluntario con reintegración a África e Latinoamérica

Parainmigrantes, setembro 24, 2013

A Organización Internacional para as Migracións (OIM) en España coa colaboración e o financiamento do Fondo Europeo para o Retorno e a Dirección Xeral de Migracións, dependente do Ministerio de Emprego e Seguridade Social ten o pracer de informalos da posta en marcha dun programa de retorno voluntario con reintegración para emigrantes procedentes de Colombia, Honduras, Gambia e Senegal en situación administrativa irregular, que desexan retornar voluntariamente ao seu país. Este proxecto ofrece axudas económicas entre 1.500 e 3.500 euros para a posta en marcha de pequenos proxectos nos países de orixe.

Mediante este programa ofrécese de forma gratuíta:

* Información práctica sobre o programa, axudas e beneficios, e sobre o país de orixe.

* Apoio e orientación psicolóxica grupal ou individual co fin de tomar unha decisión de retorno informada.

* Billetes de retorno aos países de orixe e documentaicón de viaxe, se é necesario.

* Axudas de peto e de primeira instalación: 450 euros por persoa para imprevistos de viaxe (cun límite de 2.000 euros por unidade familiar).

* Asistencia técnica e axudas económicas entre 1.500 e 3.500 euros para poñer en marcha un proxecto en Colombia, Honduras, Gambia e Senegal.

* Formación teórico-práctica de 20 horas para a creación dunha micro ou pequena empresa.

Requisitos fundamentais:

- O proxecto vai dirixido a inmigrantes irregulares de Colombia, Honduras, Gambia e Senegal, en situación vulnerable que voluntariamente queiran retornar e teñan motivación para a posta en marcha dun proxecto produtivo.

- Os interesados deben enviar á OIM a seguinte documentación:

-impreso de solicitude (dispoñible na páxina web:
www.spain.iom.int )
-informe social (pode pedirse no Centro de Servizos Sociais do Concello no que estea empadroado, nunha ONG ou nunha entidade social: albergue, comedor, etc.)
-fotocopia do pasaporte (de todos os membros que retornan e as follas seladas e con información)

A devandita documentación pódese enviar por fax ao 915943283, por correo electrónico a glara@iom.int ou tbotella@iom.int, ou por correo ordinario ou en persoa na rúa Fernando El Católico, 10, 1º B. 28015 Madrid.

Para máis información pode chamar á OIM ao teléfono 91 594 36 70, dirixirse á páxina web da
www.spain.iom.int ou acudir en persoa á oficina en Madrid na Rúa Fernando El Católico, 10, 1º B (Metro Quevedos)

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas