GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Case 200 inmigrantes entran en Ceuta e Melilla en sendas avalanchas

(18/09/2013)

Case 200 inmigrantes entran en Ceuta e Melilla en sendas avalanchas

En Melilla hai varios axentes feridos tras un enfrontamento violento con parte dos 300 subsaharianos que intentaron cruzar

Uns 300 inmigrantes asaltaron hoxe o valo fronteirizo de Melilla , dos que máis dun centenar conseguiu acceder a territorio español, unha entrada na que os subsaharianos mostraron unha actitude violenta que causou feridos entre os axentes e provocou danos no perímetro.

Segundo informou a Delegación do Goberno, o asalto produciuse sobre as 06.30 horas na zona comprendida entre o posto fronteirizo de Barrio Chinés e o aeroporto da cidade autónoma.

Os inmigrantes conseguiron tirar completamente o valo fronteirizo e entraron «con gran violencia», lanzando obxectos contra as forzas de seguridade que intentaban rexeitar a entrada.

Na acción resultaron feridos seis gardas civís e un inmigrante, cunha posible fractura nunha perna tras unha caída desde o valo, polo que foi trasladado ata o Hospital Comarcal de Melilla, onde está a ser atendido.

Os inmigrantes están a ser postos a disposición da Xefatura Superior de Policía en aplicación da Lei de Estranxeiría, para posteriormente ser aloxados no Centro de Estancia Temporal (CETI).

Trátase do primeiro asalto ao valo rexistrado nas últimas semanas, xa que se viviron unhas xornadas de relativa tranquilidade no perímetro, aínda que con avistamentos de grupos constantes.

A entrada de inmigrantes coincide co Día de Melilla, unha data que celebra o 516 aniversario da españolidade da cidade.

Outra avalancha en Ceuta

Polo menos 80 inmigrantes subsaharianos conseguiron esta mañá entrar en Ceuta tras asaltar en grupo a praia do Tarajal, xunto á fronteira con Marrocos, nun intento protagonizado por uns 120 inmigrantes subsaharianos.

Segundo informou a Delegación do Goberno, uns 80 inmigrantes subsaharianos conseguiron burlar os controis fronteirizos mediante este método e chegar nadando á praia do Tarajal, mentres que o resto foron freados polas forzas marroquís que custodian a fronteira.

Os inmigrantes foron atendidos na mesma praia pola Cruz Vermella Española, que lles proporcionou roupa de abrigo así como mantas.

O delegado do Goberno en Ceuta, Francisco Antonio González, ten previsto comparecer publicamente despois desta nova entrada masiva que suporá que o Centro de Estancia Temporal de Inmigrantes (CETI) acolla a máis de 700 persoas despois de estar preparado para 512 prazas.

O último asalto masivo á mesma praia ocorreu o 2 de setembro protagonizado por uns 80 inmigrantes, dos cales 33 lograron acceder a Ceuta.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas