GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ourense. Os emigrantes retornados sancionados por Facenda únense en agrupacións

(17/09/2013)

Os emigrantes retornados sancionados por Facenda únense en agrupacións

Escrito por:
Rubén Nóvoa

ourense / a voz 17 de setembro de 2013

Os emigrantes ourensanos retornados que recibiron notificacións de Facenda para aboar as pensións do estranxeiro non declaradas comezan a agruparse. Onte foi na bisbarra do Carballiño, onde se sentaron as bases para a creación da primeira agrupación de afectados, e hoxe será en Ourense, onde se inicien os contactos para unir aos afectados que, segundo precisaron dende o BNG, se contan por centos na provincia ourensana debido «ao gran peso que sempre tivo aquí a emigración».

As notificacións que chegaron aos emigrantes retornados de xeito graduado céntranse nas campañas do 2008 e posteriores. A través dun escrito reclámase ao traballador que aboe o diñeiro non tributado pola súa paga no estranxeiro, sempre que supere o albor dos 11.200 euros anuais de ingresos. «Se fixeron estes requerimentos sen información previa e tratando ós pensionistas como se foran defraudadores profesionais», indicou a deputada autonómica do BNG, Tereixa Paz.


Dificultades

Segundo a información que manexan os nacionalistas, a maioría das sancións roldan entre os 8.000 e os 10.000 euros para persoas con pagas que se sitúan en torno aos 1.200 euros.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas