GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda visitou o Lar Galego de Avilés e o Centro Galego de Gijón

(16/09/2013)

Miranda visitou o Lar Galego de Avilés e o Centro Galego de Gijón

Redacción, Gijón | 15 Setembro 2013 - Cronicas de la Emigración

Antonio Rodríguez Miranda lee 'Galicia en el Mundo', durante su visita al Centro Gallego de Gijón.

 

Antonio Rodríguez Miranda le 'Galicia en el Mundo', durante a súa visita ao Centro Galego de Gijón.

 


O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, aproveitou a súa asistencia aos dous eventos organizados pola Asociación 'Día de Galicia en Asturias' para coñecer persoalmente as instalacións e directivos das outras dúas entidades galegas con implantación na comunidade veciña. O Principado, pola súa proximidade xeográfica, alberga unha comunidade galega importante.

Así, Rodríguez Miranda visitou o 'Lar Galego' de Avilés, fundado hai 52 anos e que conta cunha casa de tres plantas en propiedade, onde tivo oportunidade de coñecer a sede e a directiva da entidade, e tamén asistir á degustación de produtos gastronómicos típicos, organizada polo Consorcio As Mariñas, que engloba nove concellos coruñeses: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

E o pasado venres antes de participar no concerto homenaxe á brigada da Policía Científica o máximo responsable de Emigración fixo unha visita ao Centro Galego de Gijón, que conta con 57 anos de existencia e un local en propiedade de case 500 metros cadrados, onde se mantén unha intensa actividade cultural e social durante todo o ano.

O Centro Galego de Gijón, unha entidade que alberga 200 familias baixo a súa sombra, é unha asociación moi activa. Neste verán, concretamente no mes de xullo, celebrou as súas festas en honor ao patrón Santiago Apóstolo na explanada do Arbeyal. Celebración que rematou coa tradicional queimada. Gabi Pérez, presidenta do Centro, congratulouse que este ano as festas recibiron máis xente da prevista.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas