GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda asiste á homenaxe do 'Día de Galicia en Asturias' á Policía Científica pola súa actuación en Angrois

(13/09/2013)

Miranda asiste á homenaxe do 'Día de Galicia en Asturias' á Policía Científica pola súa actuación en Angrois

Redacción, Oviedo / Santiago | 13 Setembro 2013 - Cronicas de la Emigración

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asiste esta noite ao concerto da cantante galega Lucía Pérez -quen fora a representante española de Eurovisión hai dous anos- no Auditorio Príncipe Felipe de Oviedo en homenaxe á brigada da Policía Científica, da Xefatura Superior de Asturias, pola súa colaboración no tráxico accidente ferroviario de Angrois na véspera do Día de Galicia. Trátase dun acto organizado pola Asociación 'Día de Galicia en Asturias'.

Esta entidade, que preside Manuel Fernández Quevedo, destaca todos os anos, cunha actividade de relevante presenza social en Oviedo, os enlaces entre ambas as dúas comunidades. A Asociación naceu como un punto de encontro dos centenares de galegas e galegos residentes na capital asturiana, co obxectivo de homenaxear aquelas entidades ou persoas que traballan por un mellor entendemento mutuo.

Ademais da este evento organizado polos galegos residentes no Principado, Rodríguez Miranda asistirá tamén este próximo domingo á misa cantada por Tina Gutiérrez na catedral ovetense en recordo das vítimas do tren, ademais de en recordo da socia Dolores Fernández. Neste acto estarán tamén presentes o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, así como autoridades locais.

Tras o oficio relixioso, e de novo no Auditorio Príncipe Felipe, terá lugar a imposición das insignias de ouro, e entrega dos carnés de socios de honra, ao alcalde de Oviedo, Agustín Iglesias, e ao presidente da Organización Nacional de Cegos de España (ONCE), o galego Miguel Carballeda.

Avilés e Gijón

Ademais de participar nestes dous eventos organizados pola Asociación 'Día de Galicia en Asturias', o secretario xeral de Emigración quixo estes días coñecer persoalmente as instalacións e directivos das outras dúas entidades galegas con implantación na comunidade veciña. O Principado, pola súa proximidade xeográfica, alberga unha comunidade galega importante.

Así, Rodríguez Miranda visitou o 'Lar Galego' de Avilés, fundado hai 52 anos e que conta cunha casa de tres plantas en propiedade, onde tivo oportunidade de coñecer a sede e a directiva da entidade, e tamén asistir á degustación de produtos gastronómicos típicos, organizada polo Consorcio As Mariñas, que engloba nove concellos coruñeses: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

E antes de participar no concerto homenaxe á brigada da Policía Científica, o máximo responsable de Emigración fará unha visita ao Centro Galego de Gijón, que conta con 57 anos de existencia e un local en propiedade de case 500 metros cadrados, onde se mantén unha intensa actividade cultural e social durante todo o ano.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas