GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Monforte. Os emigrantes da zona sur rebélanse

(10/09/2013)

Os emigrantes da zona sur rebélanse

 

 

As multas económicas e reclamacións que desde hai semanas Facenda fai chegar a emigrantes retornados por non ter declarado as pensións que perciben do estranxeiro estase atopado en Galicia -terra de emigrantes- cunha forte resposta social. Sen ir mais lonxe, en Monforte, onte creouse unha plataforma cidadá para plantar cara a unha medida que os seus integrantes consideran inxusta e abusiva. Foi por mor dun acto informativo organizado polo BNG ao que asistiu Xosé Lois Eirós, da Plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés que defendeu que é «inadmisible que persigan aos que tivemos que emigrar, achegar divisas e vivir do noso traballo mentres aos auténticos defraudadores fiscais concédeselles a amnistía». Á charla tamén asistiu a deputada nacionalista Tareixa Paz, que cualificou a medida de «inxusta e inmoral» porque «afecta a un colectivo que percibe pensións moi baixas despois de toda unha vida de traballo». Ambos invitaron aos asistentes -preto dun centenar- a participar o día 15 na manifestación que se celebrará en Santiago.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas