GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Coruña. Margaridas para o ano novo etíope

(10/09/2013)

Margaridas para o ano novo etíope

 

 

Abay repartiu flores para celebrar o ano etíope, 2006. César Quian

 

Aínda que con tres días de antelación, representantes da comunidade etíope na Coruña conmemoraron onte no Obelisco o fin de ano do seu país de orixe, que o día 11 dará a benvida ao 2006. E fíxoo da man dos máis pequenos.

Abay, Asociación para o Desenvolvemento de Etiopía, pechou no centro da cidade os actos organizados para festexar a data instalando durante toda a mañá unha mesa informativa no Obelisco na que, ademais de gozar vendo produtos artesanais realizados por etíopes e colaborar solidariamente coa súa compra, entregáronse margaridas a quen se achegaron ao posto.

Reviviuse así unha tradición do país africano, que celebra o fin de ano coincidindo co termo da época de choivas e o inicio das colleitas, momento en que os campos se cobren destas flores que os nenos recollen para regalar ás súas nais.

Desta forma sumáronse á celebración os membros dunha entidade que naceu no 2008 pola inquietude dun grupo de pais adoptantes que desexaban facer partícipes aos seus fillos das tradicións e costumes do seu país de orixe.

 

Cooperación

As persoas que se achegaron á mesa, puideron recibir tamén información sobre os diferentes proxectos de cooperación ao desenvolvemento que impulsa a oenegué, que na tarde do sábado levou a cabo unha presentación do seu labor e proxectou un documental no centro sociocultural Ágora mentres os pequenos participaban de talleres infantís, contacontos, clases de ioga...

Pilar Bonigno explica que durante todo o verán recibiron peticións de material escolar. «Atendemos a todo o que entra pola porta», insiste, pero tras a solicitude ábrese un proceso no que se ten especial coidado en constatar que, a situación económica é crítica, xa que deben acreditar a súa falta de ingresos. A campaña da volta ao cole é só unha das que desenvolve Cruz Vermella, que ten un programa estable de axuda á infancia, á que proporciona produtos de hixiene infantil e alimentos. Son medio milleiro as familias da provincia que recorren á entidade para dar para comer aos seus nenos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas