GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

España propoñerá a supresión de visados a colombianos e peruanos

(13/08/2013)

España propoñerá a supresión de visados a colombianos e peruanos

Dende 2001, os cidadáns de Colombia e Perú requiren de visado de curta duración para viaxar aos países da Unión Europea

www.parainmigrantes.info agosto 12, 2013

No ano 2001, mediante un acordo adoptado polos países membros da Unión Europea, que por aquel entón eran 15, elaborouse unha lista de 132 países aos que, a partir dese momento, se lles esixiría aos seus cidadáns visado para entradas de curta duración nos países membros do Espazo Schengen. Nesa lista encontrábanse Colombia e Perú.

Esta decisión de incluír a Colombia e Perú entre os países a cuxos nacionais se lles esixiría visado causou un grande enfado entre numerosos sectores, e moitos intelectuais, artistas, escritores e políticos españois e sudamericanos manifestaron a súa desconformidade.

Máis dunha década despois, o Goberno de Mariano Rajoy anunciou que vai solicitar á Comisión Europea e aos demais Estados do Espazo Schengen que se retire a esixencia de visado para estanzas de curta duración aos nacionais de Perú e de Colombia, xa que o actual goberno considera que as circunstancias polas que se lles incluíu cambiaron e, ademais, pretende que ambos os dous países se unan ao grupo de países de América Latina que teñen acordos de libre comercio coa Unión Europea e que non necesitan visado. E isto xustifícase pola entrada en vigor do Acordo Comercial Multiparte entre a Unión Europea, Colombia e Perú.

Se finalmente a Comisión Europea aceptase a solicitude do Goberno español, sen dúbida suprondría unha importante modificación da lexislación española e comunitaria e os cidadáns peruanos e colombianos poderían viaxar con maior liberdade sen necesidade de visado, cumprindo unicamente cos requisitos de entrada, esixibles en fronteira.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas