GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Aprobada A Tarxeta Sanitaria "de pago"

(29/07/2013)

 

 

Aprobada A Tarxeta Sanitaria "de pago"

Tarxeta Sanitaria de pago para Extranxeiros. Os convenios poderán ser subscritos por españois ou estranxeiros que non reúnan esa condición de asegurado nin beneficiario.

www.parainmigrantes.info xullo 29, 2013

O Consello de Ministros aprobou un Real Decreto polo que se establecen os requisitos básicos do convenio especial de prestación de asistencia sanitaria para persoas que non teñan a condición de aseguradas nin de beneficiarias do Sistema Nacional de Saúde. Complétase, así, o paquete normativo iniciado co Real Decreto que regula a condición de asegurado, aprobado en agosto de 2012, e que fai efectiva a universalidade da asistencia sanitaria pública para todos os españois.

Os convenios poderán ser subscritos por españois ou estranxeiros que non reúnan a condición de asegurado nin beneficiario. En concreto, estarán dirixidos aos seguintes colectivos:

Españois que non traballen e que, non obstante, teñan ingresos superiores aos cen mil euros ao ano (rendistas).
Europeos que voluntariamente queiran subscribir estes convenios para ser atendidos polo sistema sanitario público español.
Nacionais de terceiros países que durante a súa estanza en España queiran formalizar o convenio para ser atendidos polo sistema público.

O convenio especial dará acceso ás prestacións da carteira básica de servizos polo período de tempo determinado neste. A contraprestación económica a aboar será de 60 euros mensuais ata os 65 anos e de 157 euros mensuais para os maiores desa idade.

O Real Decreto, ademais, establece o sistema de identificación clínica dos casos especiais, con garantía de asistencia sanitaria pública no Sistema Nacional de Saúde, como as vítimas da trata de seres humanos con fins de explotación sexual ou os solicitantes de asilo.

Rendistas españois e estranxeiros que non teñan tarxeta sanitaria deberán aboar entre 60 e 137 euros ao mes para acceder ás prestacións sanitarias da carteira básica de servizos do Sistema Nacional de Saúde.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas