GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis de 700 estranxeiras exercen a prostitución en Pontevedra

(29/07/2013)

Máis de 700 estranxeiras exercen a prostitución en Pontevedra

Brasil e a República Dominicana son os principais países de orixe

Así, segundo datos da Secretaria Xeral de Igualdade, 760 persoas foron atendidas en Pontevedra polo programa autonómico de «atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e/ou trata con fins de explotación sexual» que levan a cabo distintas organizacións non gobernamentais. En relación con estas cifras que sitúan ás Rías Baixas por detrás da provincia da Coruña, membros destas oenegués mostráronse convencidos de que este número pode incrementarse exponencialmente. Remarcaron que hai que ter en conta que se trata dun sector no que as mulleres, polas connotacións que ten a prostitución e a situación na que moitas se atopan, móstranse remisas a acudir a este tipo de entidades.

O que si é extrapolable é o feito de que os países de orixe destas mulleres seguen situándose no arco suramericano. Deste xeito, brasileira e dominicana, esta última con aproximadamente a metade de incidencia que a primeira, son as nacionalidades máis comúns, mentres que Colombia, Romanía e Nixeria serían os outros tres estados dos que son maioritariamente oriúndas estas persoas.

A este respecto, en medios policiais considérase que o aeroporto de Peinador é un dos puntos de entrada en España de vítimas de trata de brancas procedentes de Latinoamérica.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas