GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Galicia da emigración mostra a súa solidariedade cos familiares das vítimas da traxedia en Santiago

(26/07/2013)

A Galicia da emigración mostra a súa solidariedade cos familiares das vítimas da traxedia en Santiago

Redacción, Santiago |Cronicas da Emigración|25 Xullo 2013 -

Feijóo presidió el Consello de la Xunta más duro de la historia de Galicia.

Feijóo presidiu o Consello da Xunta máis duro da historia de Galicia.

A Comisión Delegada do Consello dás Comunidades Galegas, máximo órgano de representación entre plenarios da diáspora galega no mundo, mostrou a súa profunda solidariedade coas vítimas do tráxico accidente ferroviario acontecido o mércores pola noite preto de Santiago de Compostela e que custou a vida a unhas 78 persoas. Dá a casualidade que ese mesmo día a Comisión celebrara o seu encontro anual en Santiago. Pola noite, coñecidos os primeiros datos da traxedia, os membros da Comisión Delegada reuníronse de urxencia para mostrar a súa máis profunda solidariedad e cariño cos familiares, amigos e veciños das vítimas do accidente ferroviario e empraza os galegos de todo o mundo a permanecer fortes, e máis unidos que nunca, nestes momentos de loito de toda a Galeguidade.

As mostras de condolencia chegadas de todos os países con presenza da diáspora galega son proba palpable do amor de todos os galegos pola súa terra. Ademais de todas as mensaxes de pésame institucionais, comezaron a chegar as palabras de ánimo e solidariedade dende os centros, asociacións e federacións de galegos e españois situados nos cantos máis afastados do mundo.

A Unión de Sociedades Galegas de Arxentina enviou unha mensaxe na que "nos unimos á dor das familias das vítimas do accidente ferroviario que enloita a toda Galicia". No mesmo sentido se expresou a Fundación España, tamén dende Arxentina, que na súa mensaxe di que "acompañamos na dor ás familias das vítimas do accidente ferroviario" que enloita Galicia e toda España.

O Lar Gallego de Chile, a través da súa presidenta María Myriam López Marín, e o seu secretario, Francisco Bustos Palomino, enviaron á nosa redacción a seguinte mensaxe: "Nestes momento tristes que vive Galicia, desexamos expresarlle que en Chile, sentimos moi de preto este tráxico accidente ferroviario acontecido en Santiago de Compostela e dicímoslle que lamentamos profundamente que morresen, quedado feridas e lesionadas tantas persoas. Así mesmo, enviamos as máis sinceras condolencias dos Galegos de Chile e por certo, da Directiva da nosa institución a toda a Comunidade Autonómica de Galicia, ás súas autoridades e aos familiares dos falecidos,".

Nas próximas horas incrementarase o número de mensaxes de condolencia enviadas dende unha diáspora que quedou moi afectada por esta tráxica noticia, máis aínda cando nestes días por todo o mundo estaban programados multitude de actos de celebración polo Día de Galicia.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas