GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os afiliados estranxeiros á Seguridade Social en Galicia descenden un 8,8% en xuño e sitúanse en 30.999

(23/07/2013)

Os afiliados estranxeiros á Seguridade Social en Galicia descenden un 8,8% en xuño e sitúanse en 30.999

Unha quinta parte procede de Portugal e a provincia de Lugo rexistra porcentualmente o maior descenso, o -9,89%

EUROPA PRESS. 23.07.2013

O número medio de afiliados á Seguridade Social en Galicia situouse en 30.999 en xuño, o que supón un decrecemento interanual do 8,89 por cento (3.026 menos) e unha baixada do 0,27 por cento con respecto ao mes anterior (84 menos). En toda España, a media situouse en 1.641.822, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.


Los afiliados extranjeros a la Seguridad Social en Galicia descienden un 8,8% en junio y se sitúan en 30.999

Do total de 30.999 afiliados estranxeiros en Galicia, que supoñen o 1,89 por cento do total de España, 18.711 corresponden ao réxime xeral; 1.121 ao agrario; 4.694, ao de fogar; 1.394 ao de Mar; e 5.079 son autónomos.

Ademais, dos 30.999 afiliados estranxeiros en Galicia, 16.729 son homes e 14.270 mulleres. Ademais, do total, 18.554 proceden de países de fóra da Unión Europea e 12.445 de rexións da UE.

Polos países de procedencia, destacan de fóra da UE Brasil (con 2.027 afiliados), Colombia (1.952), Marrocos (1.483), Perú (1.415), China (1.398) e República Domincana (1.237).

Da UE resaltan Portugal (6.847 afiliados -unha quinta parte do total de Galicia-), Romanía (2.188), Italia (975), Reino Unido (519), Francia (502), Bulgaria (369), Alemaña (319) e Polonia (229).

Das catro provincias galegas, Lugo rexistrou porcentualmente o maior descenso (-9,89%), con 508 afiliados menos e sitúase en 4.629; seguida de Pontevedra (-9,65%), con 1.189 afiliados menos e rexistra 11.130 en xuño; Ourense (-8,46%), con 367 menos e colócase con 3.976; mentres que na Coruña caeron un 7,87 por cento (-962) e presenta 11.263 afiliados.

Total españa

A Seguridade Social perdeu 9.568 cotizantes estranxeiros en xuño, un 0,6% en relación a maio, ata situarse o número de inmigrantes en alta en 1.641.822 ocupados, informou este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Co descenso de xuño, a afiliación de estranxeiros rompe co refacho positivo dos tres meses anteriores, nos que lograra gañar, en conxunto, máis de 50.000 cotizantes.

Do total de inmigrantes en alta ao finalizar o pasado mes de xuño, 1.413.163 cotizaban ao Réxime Xeral; 223.639 ao de Autónomos; 4.721 ao do Mar, e 300 ao do Carbón.

En termos interanuais, a afiliación de estranxeiros á Seguridade Social baixou en 118.698 cotizantes, un 6,74%, taxa que contrasta co -3,72% do conxunto do sistema.

Segundo Emprego, estes datos constatan que se mantén a tendencia xa apuntada nos meses anteriores de que a perda de emprego está a afectar con maior intensidade aos traballadores estranxeiros que aos nacionais.

Só dous réximes gañaron afiliados estranxeiros o pasado mes de xuño: o Réxime do Mar, que gañou un 1,89% de afiliados respecto ao mes anterior, e o Réxime de Autónomos (+1,2%), en tanto que o Réxime Xeral perdeu un 0,87% de afiliados e o do Carbón, un 0,2%.

Dentro do Réxime Xeral, un total de 254.841 estranxeiros, o 18%, traballaba na hostalaría, mentres que o 12,4% o facía no comercio (175.602 afiliados), e o 7,5% nas actividades administrativas e servizos auxiliares (105.810 cotizantes).

Así mesmo, e dentro deste réxime, 192.961 estranxeiros encadrábanse no sistema especial agrario, un 12,8% menos que en maio, e 228.945 no do fogar, cun descenso mensual do 0,2%.

 Romaneses e marroquís, os máis numerosos

Do conxunto de inmigrantes afiliados á Seguridade Social ao peche de xuño, seis de cada dez procedían de países non comunitarios (1.018.834) e o resto (622.988) proviñan de países membros da UE.

Dentro dos países non comunitarios, 192.174 eran de nacionalidade marroquí e 97.250 de nacionalidade ecuatoriana. China, con 88.123 traballadores, sitúase como terceiro país de procedencia de afiliados de fóra da UE, por diante de Bolivia, que conta con 78.325 cotizantes.

O resto de afiliados non comunitarios repártense entre Colombia (73.523), Perú (48.729), Arxentina (34.398), Ucraína (34.219), Paraguai (33.376) e República Dominicana (27.329), entre outros.

Pola súa banda, dos que proceden da UE-27, romaneses, italianos e británicos son os máis numerosos, con 256.494, 63.429 e 55.913 cotizantes, respectivamente. Séguenlles búlgaros e portugueses, con 52.905 e 40.089, e alemáns e franceses, con 39.100 e 36.121 afiliados.

Cataluña e Madrid concentran o 44%

Por comunidades autónomas, Cataluña e Madrid seguiron concentrando algo máis de catro de cada dez estranxeiros afiliados á Seguridade Social en xuño pasado, ao sumar entre ambas as dúas case o 44% do total de inmigrantes ocupados. En concreto, Cataluña contaba con 375.040 estranxeiros cotizantes, mentres que en Madrid a cifra era de 347.047.

Tras estas dúas rexións situáronse Andalucía, con 194.389 afiliados estranxeiros; Comunidade Valenciana, con 164.114 ocupados; Baleares, con 84.858; Murcia, con 77.393; Canarias, con 73.994; Aragón, con 62.402; Castela-A Mancha, con 55.710; País Vasco, con 49.771, e Castela e León, con 48.569.

As comunidades con menor presenza de inmigrantes en alta á Seguridade Social ao finalizar xuño foron Galicia, con 30.999 estranxeiros; Navarra, con 21.551; Asturias, con 13.116; A Rioxa, con 12.935; Extremadura, con 12.247; Cantabria, con 10.542, e as cidades autónomas de Melilla, con 4.277, e Ceuta, con 2.867.

Baleares e Aragón son as comunidades que rexistraron o maior incremento intermensual en xuño, con avances do 9,9% e do 7,5%, respectivamente, seguidas de Castela-A Mancha (+3,6%); Cataluña (+2,2%); e Extremadura (+1,6%).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas