GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Expertos en migracións piden incluír á emigración nas axendas políticas dos estados

(17/07/2013)

Expertos en migracións piden incluír á emigración nas axendas políticas dos estados

Redacción, Madrid |Cronicas da Emigración| 17 Xullo 2013 -

Incluír os dereitos dos emigrantes e a xestión do fenómeno migratorio nas axendas dos gobernos foi defendida o pasado día 16 por expertos internacionais en migracións de ambas as dúas beiras do Atlántico reunidos en Madrid no transcurso do I Seminario Iberoamericano sobre Migración e Desenvolvemento, organizado pola Secretaría Xeral Iberoamericana (SEGIB).

Na inauguración do seminario, o director do Centro Latinoamericano e Caribeño de Demografía (CEPAL/CELADE), Dirk Jaspers, asegurou que "a migración non só formula problemas senón que dá beneficios e hai que incluíla nos asuntos internacionais".

Actualmente, existen 214 millóns de emigrantes internacionais no mundo, dos cales, o 50% son activos economicamente, dixo neste foro a directora xeral adxunta da Organización Internacional para as Migracións (OIM), Laura Thompson, quen asegurou que "é tal a cantidade de xente que inflúe na economía mundial".

Thompson explicou ademais, que a migración favorece o desenvolvemento económico e recordou que non existe ningún mecanismo mundial que controle o fluxo de emigrantes para dirixilo cara aos estados onde exista unha oferta laboral que poida absorber esa man de obra.

A directora adxunta aludiu ás dificultades prácticas de moverse entre os países como un dos principais obstáculos para os emigrantes, así como a falta de acordos de recoñecemento de estudos ou profesións, e destacou como algo fundamental a recompilación de datos estatísticos sobre migración en cada país para aproveitar os beneficios dos fluxos de persoas que emigran.

O secretario de Estado español de Cooperación Internacional e para Iberoamérica, Jesús Gracia Aldaz, dixo que a migración a provoca a busca de oportunidades e que este fenómeno rexuveneceu á sociedade española como país receptor de emigrantes. Jesús Gracia incidiu no feito de que o retorno de emigrados aos seus países de orixe por culpa da crise segue sendo menor que os que chegan e quedan en España.

O secretario xeral iberoamericano, Enrique Iglesias, quen tamén participou no seminario, fixo un chamamento a que se axude a crear un espazo iberoamericano onde as persoas se poidan mover libremente, en referencia á cita sobre migración e desenvolvemento do próximo outubro na sede da ONU en Nova York.

Interveu tamén o representante de Asuntos Migratorios da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), Gustavo Mohar Betancourt, quen achegou datos sobre a migración entre México e EUA.

Mohar destacou o feito de que as remesas de diñeiro enviadas polos mexicanos que traballan en EUA ascenden a 22.000 millóns de dólares anuais e que México ten 55 consulados nos 50 estados do seu veciño do norte.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas