GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os cursos de español fan de Santiago un pequeno universo

(10/07/2013)

Os cursos de español fan de Santiago un pequeno universo

Preto de 600 estudantes de máis de 20 países reúnense para aprender o idioma

 

A USC pon en marcha os cursos internacionais de español para este verán. Case seiscentos alumnos elixiron a cidade de Santiago para mellorar o seu dominio do castelán e descubrir a cultura galega. Estes cursos, que superan xa os setenta anos, marcaron marcas de asistencia con esta edición, debido á recente unión ao seu programa de varias universidades coreanas, xaponesas e chinesas.

Nun acto de presentación presidido polo reitor da USC, Juan Casares, os alumnos mostráronse emocionados e con ganas de comezar este novo reto. Todos eles coincidían na relevancia do español. Como Jesse Ernst, profesor de castelán en Estados Unidos, quen sinalaba que «no meu país é moi importante ser hispanohablante porque máis do 50 % da xente fala español». Tamén coincidía niso Seil Ryu, xa que «as grandes empresas surcoreanas esixen unha titulación de nivel medio de español». Pero non a todos os move a utilidade. Nahida Akter, unha moza de Bagladesh, confesa estudar o noso idioma porque «é unha lingua moi fermosa».

Aínda que con diferentes propósitos, os alumnos afrontarán a aprendizaxe da cultura bilingüe de Galicia durante as próximas semanas. Santiago convértese así, segundo a edila Amelia González, en «a capital de todas as culturas do mundo».

«O español superará en importancia ao inglés nos próximos anos»

Jesse Ernst

«Para comprender a cultura das persoas necesitas aprender primeiro o seu idioma»

Kumkum Ahmed

«Vin a este país para aprender español e namoreime do ambiente galego »

Jiyoung Le

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas