GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inmigración: é posible integrarse e conservar a cultura propia?

(03/07/2013)

Inmigración: é posible integrarse e conservar a cultura propia?

Por: Autor invitado | 03 de xullo de 2013

Esta entrada foi escrita por Emilia Debska, Joanna Lizut e Zuzanna Pilasewicz, colaboradoras da Escola Polaca dos Sábados en Vicálvaro, Madrid.

Screen Shot 2013-07-02 at 8.48.49 PM
¡Que viva España!

A inmigración polaca en España é un fenómeno particular. Por unha banda é un dos colectivos máis integrados a nivel cultural, laboral e lingüístico, pero por outra segue cultivando a súa tradición e cultura con moitísima determinación.

É tamén moi particular a relación que teñen os polacos con España. Este colectivo é moi ben recibido polos españois, que chegan a chamalos ata "os latinos do norte". Será máis ou menos acertada a expresión, sen dúbida demostra un traballo excelente que fixeron os polacos en España, xa que conseguiron construír unha identidade pública diferente e combater algúns dos estereotipos asociados con Polonia.

Todos os polacos que decidimos quedarnos en España fixémolo non só polos motivos económicos, senón tamén porque a cultura española resúltanos o suficientemente acolledora como para poder integrarnos fácilmente. Somos felices aquí e vemos o futuro das nosas familias en España. Pero a nostalxia e a memoria fan que queramos conservar a nosa cultura, xa que forma unha parte intrínseca da nosa identidade tanto a nivel colectivo como individual. Neste sentido, os colexios polacos dos fins de semana cumpren un papel insubstituíble velando por unha correcta educación da seguinte xeración polaca. Ademais, facilitan que nós mesmos non esquezamos os valores máis fundamentais da nosa cultura.

Un exemplo é a Escola Polaca de Vicálvaro. O colexio ten a mesma estrutura que os de Polonia, celebra as mesmas festas e, ademais, é un centro de reunión tanto para os nenos como para os seus pais. A escola constitúe tamén unha plataforma de comunicación que permite compartir as experiencias entre as familias que afrontan problemas e retos moi parecidos. Igualmente, ofrece un curso do idioma polaco, para que os pais e as nais españois poidan comprender mellor a cultura das súas parellas e participar activamente na educación dos seus fillos.

A escola non recibe ningún financiamento externo, máis aló dunha pequena axuda por parte da Embaixada de Polonia en Madrid para comprar os materiais escolares máis necesarios. En canto á administración local o seu papel consiste na concesión gratuita dun local para a escola, neste caso CEIP Pedro Duque. Son realmente as ganas e a determinación, tanto dos pais como dos profesores do colexio, o que mantén en marcha as actividades da escola e fai posible o seu funcionamento. Como sinala Krystyna, mamá de dúas nenas que acoden ao colexio: "A escola polaca é moi necesaria xa que é o único sitio onde os nosos fillos poden atoparse con outros nenos polacos. Hai certas tradicións que, aínda que llas expliquemos na casa, non teñen o mesmo significado se non o viven en primeira persoa. O colexio é o espazo onde poden facelo."

Os inmigrantes de todo o mundo atopámosnos co mesmo reto de erixir unha particular "regra de ouro" que nos permita integrarnos e, á vez, conservar a nosa tradición, traspasala aos nosos fillos e compartila coa sociedade na que vivimos. Os que colaboramos cos colexios polacos dos fins de semana creemos que isto se pode conseguir a través da educación e comprensión da nosa tradición. Para nós, aprender e vivir o mellor das dúas culturas, española e polaca, é a mellor mostra da nosa integración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas