GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Dirección Xeral de Migracións destina 431.000 euros aos centros españois no exterior

(02/07/2013)

A Dirección Xeral de Migracións destina 431.000 euros aos centros españois no exterior

Redacción, Madrid |Cronicas da Emigración | 01 Xullo 2013 -

O Boletín Oficial do Estado (BOE) do pasado xoves, 27 de xuño, publicou as axudas do programa de centros da Dirección Xeral de Migracións, cuxa contía total ascende a 431.416 euros.

Estas subvencións teñen por obxecto contribuír a sufragar os gastos de obra nova, obras de rehabilitación e adaptación dos edificios e instalacións, e adquisición de equipamento, das entidades radicadas no exterior, cuxa finalidade sexa a asistencia social, sanitaria e sociocultural a favor dos españois do exterior.

O prazo de presentación das solicitudes finalizará o próximo 17 de xullo e o importe máximo da axuda será de 55.000 euros.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as federacións, asociacións ou centros de españois no exterior, que conten cun número de asociados maior de cincuenta e que desenvolvan un labor sociocultural, sanitario ou asistencial a favor dos españois do exterior.

As entidades solicitantes deberán carecer de ánimo de lucro, estar legalmente constituídas, radicadas no estranxeiro e figurar inscritas, no seu caso, no Censo de Asociacións e Centros (CACE) da Dirección Xeral de Migracións con dous anos de antelación á data de presentación da solicitude.

Serán subvencionables os gastos de investimento, os de adquisición de equipamentos, medios informáticos, audiovisuais e mobiliario, así como as obras para a rehabilitación, o acondicionamento e adaptación de inmobles. Non serán subvencionables os gastos de reparacións e de mantemento.

A Dirección Xeral de Migracións tamén publicou as axudas dos programas de comunicación e de proxectos e investigación.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas