GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os galegos en Basilea piden a intercesión de Miranda e Feijóo para restablecer a Axencia Consular e as ALCE

(28/06/2013)

Os galegos en Basilea piden a intercesión de Miranda e Feijóo para restablecer a Axencia Consular e as ALCE

Redacción, Vigo |Cronicas da Emigración | 27 Xuño 2013 -

Responsables da Sociedade Galega Sementeira de Basilea mostran a súa "preocupación" polo anuncio do peche da Axencia Consular na mencionada cidade suíza, así como pola decisión do Ministerio de Educación de converter en semipresenciais as Aulas de Lingua e Cultura Española (ALCE) que se imparten no exterior. Ante estas medidas, e con motivo da recente celebración do Día de Galicia, o presidente da entidade, Ramón Carreira Collazo, enviou un escrito ao secretario xeral de Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, para mostrarlle a desconformidade dos miles de galegos residentes en Basilea respecto ás medidas tomadas polo Goberno central nas últimas semanas, motivadas pola "crise económica pola que atravesa a sociedade española". Ao seu entender, esta situación non é óbice para "deixar unha poboación de compatriotas sen os servizos consulares e culturais básicos" aos que, segundo aseguran, teñen "dereito". Na carta enviada a Emigración, solicitan a Miranda que lle transmita ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o seu malestar ao tempo que lle piden que interceda ante o Goberno central en defensa dos que consideran "lexítimos intereses dos galegos e non galegos residentes na área de Basilea".

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas