GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Xa son centenares os emigrantes sancionados por non declarar a pensión

(19/06/2013)

Xa son centenares os emigrantes sancionados por non declarar a pensión

As multas aos retornados poden superar os 20.000 euros e Facenda asegura que analizará caso por caso

 

Da sorpresa á indignación. Ese é o percorrido emocional que sufriron nos últimos días centos de emigrantes galegos retornados de Alemaña, Suíza ou Francia e que se viron sorprendidos pola chegada dunha carta da Axencia Tributaria. Na misiva infórmanlles que desde o 2008 están obrigados a tributar polas pensións que reciben polos traballos realizados na emigración. Para iso, Facenda solicítalles as declaracións dese ano e posteriores. En caso de non cumprir con esa petición e de non pórse ao día nun prazo de dez días, a seguinte notificación transfórmase nunha multa por infracción «grave» que, segundo puido saber La Voz, nalgúns casos pode alcanzar ata os 20.000 euros, en función da pensión recibida e do país en que se cotizou. En termos xenéricos ese importe suporá pórse ao día coas liquidacións desde o 2008.

A cifra real de afectados por esta ofensiva de Facenda en Galicia é unha incógnita, xa que moitos dos emigrantes que poden verse involucrados nesta campaña aínda non iniciaron as reclamacións. Na provincia de Ourense a cifra supera as 300 persoas só no caso dos que fixeron a maleta con rumbo a Alemaña. No caso da comarca de Pontevedra, segundo informa López Penide, os afectados roldan o medio milleiro segundo as estimacións de PSOE e BNG. Iso motivou xa as primeiras actuacións conxuntas.

 

Mobilizacións

Tamén en clave política empezaron as xestións. Así, PSdeG, BNG e AGE impulsan iniciativas o o Parlamento para frear a execución destas multas. A nivel municipal tamén se iniciaron accións similares en Poio ou Ribadavia.

A chegada das cartas de Facenda levantou a voz de alarma entre os emigrantes retornados. Con todo, segundo explica Luis Gulín, experto consultado por La Voz e que asesora a decenas de afectados en Ourense, non todos serán penalizados. Se o pensionista ten unha dobre vía de ingreso o limiar límite da declaración da renda sitúase nos 11.200 euros. «Só en Ourense hai decenas de casos de emigrantes que cobran 200 euros cada dous meses pola súa cotización en Alemaña e outra paga de 800 euros de España, e que xa están obrigados a declarar. Están a saltar ao pescozo destas persoas indefensas que moito fixeron por estas terras e que cobran 200 euros por anos de traballo na emigración. Merecen un respecto».

A indignación que provocou o aluvión de sancións provocou que a Axencia Tributaria asegure, segundo indicaron fontes oficiais a Europa Press, que analizará «cada caso» para decidir se os emigrantes teñen que abonar ou non unha multa, en caso de non ter declarado de forma correcta as súas pensións do estranxeiro.

Fronte ao argumento utilizado de forma maioritario polos afectados, e que se basea en que en Facenda sempre lles dixeron que non tiñan que tributar, as mesmas fontes afirman que «un número elevado de contribuíntes» si que declararon de acordo ao establecido pola lei. O motivo de que Facenda só reclame as pensións desde o 2008 débese a que a normativa establece que o prazo de prescrición é de catro anos, polo que ata o 30 de xuño o Goberno ten tempo para realizar as reclamacións. Facenda tamén avanza que poderá estudar o adiamento en caso de dificultades financeiras do afectado.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas