GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

España e Perú estudan un certificado profesional para peruanos que retornen

(18/06/2013)

España e Perú estudan un certificado profesional para peruanos que retornen

lainformacion.com

luns, 17/06/13



Madrid, 17 xuño - O Ministerio de Emprego e Seguridade Social estuda co Goberno peruano a posibilidade de emitir un certificado de profesionalidade aos traballadores peruanos en España que lles recoñeza a súa cualificación cando retornen ao seu país.

A ministra de Emprego, Fátima Báñez, e a súa homóloga peruana, Teresa Laos, reuníronse hoxe en Madrid para analizar as relacións comerciais entre ambos os dous países e a situación dos inmigrantes peruanos en España.

A comunidade peruana en España ascende 130.000 persoas, mentres que en Perú hai preto de 17.000 españois traballando nese país.

Segundo un comunicado do ministerio, as dúas ministras analizaron a posibilidade de dar aos traballadores peruanos que residen en España un certificado que avale a súa profesionalidade e sexa válido no seu país co fin de axudalos a recolocarse cando regresen.

Os dous gobernos estudan asinar un convenio de colaboración neste sentido.

Ao respecto, o Executivo de Perú xa aprobou unha Lei de Reinserción Económica e Social do Migrante retornado que busca facilitar precisamente a reinserción dos inmigrantes peruanos dándolles facilidades de tipo tributario.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas