GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Aclaración do Consello Xeral do Notariado sobre as Xuras de Nacionalidade

(14/06/2013)

Aclaración do Consello Xeral do Notariado sobre as Xuras de Nacionalidade

Preto de 300.000 persoas poderán facer a Xura da Nacionalidade española ante Notario a partir do próximo luns 17 de xuño

parainmigrantes xuño 13, 2013

Como xa sabedes, onte publicouse a noticia de que xa se pode facer a Xura ou a Promesa da Nacionalidade Española ante Notario. Non obstante, durante as primeiras horas desta noticia, houbo certo desconcerto sobre como se realizará e que pasos hai que seguir; e mesmo a partir de cando, realmente, se poderá acudir á Notaría.

Para aclarar todo este procedemento, o Consello Xeral do Notariado publicou na súa páxina web todos os detalles da encomenda asinada entre este organismo e o Ministerio de Xustiza.

"Ata o 31 de decembro e de forma gratuíta, sen necesidade de que o solicitante teña que acudir en persoa aos Rexistros Civís, e cunha vista á sede notarial elixida, os 3.000 notarios realizarán as actas de xura ou promesa da Constitución e das leis españolas das persoas que actualmente están en proceso de obter a nacionalidade española, último paso para poder obter o seu DNI ou pasaporte español. Unha vez que os notarios dean fe deste acto, encargaranse de enviar telematicamente o documento ao sistema de tramitación dos expedientes e dende alí trasladarase ao Rexistro Civil para a súa inscrición, sen que o cidadán teña que preocuparse de ningunha outra xestión. A continuación o interesado poderá acceder á certificación de nacionalidade a través do apartado Como vai o meu? da páxina web deste Ministerio. Unha vez que teña ese documento poderá pedir cita, como calquera outro español, aos equipos da Dirección Xeral da Policía, para solicitar o seu DNI ou pasaporte.

Esta encomenda de xestión ao Notariado forma parte do Plan Intensivo de Tramitación que o Ministerio de Xustiza puxo en marcha en xuño de 2012 para acelerar as miles de solicitudes de nacionalidade pendentes que se encontrou ao comezo da lexislatura".

Ademais, e tal e como adiantou onte en primicia Parainmigrantes.info, a web do Consello Xeral do Notariado publica que as citas comezarán a outorgarse a partir do próximo luns 17 de xuño.

Os interesados en realizar a Xura en Notaría deberán acceder á web 
http://nacionalidad.notariado.org  habilitada para encher os formularios cos datos persoais e obter a continuación a súa cita..

Dende que o pasado 2 de abril se asinara a encomenda de xestión para realizar as actas das xuras ou promesa para adquirir a nacionalidade española por residencia entre o Consello Xeral do Notariado e o Ministerio de Xustiza, traballouse no desenvolvemento dos medios necesarios para poder levar a cabo a devandita encomenda.

Ademais, ao longo destes meses, realizáronse cursos de formación para os notarios e os empregados dos Colexios Notariais e das notarías.

A axencia tecnolóxica do Notariado, Ancert, desenvolveu tanto a páxina web coma as aplicacións tecnolóxicas pertinentes para que os colexios notariais e as notarías poidan recibir de forma segura os expedientes que envíen os cidadáns, verificar os datos introducidos polo interesado e confirmalos co Rexistro, e organizar as citas para a xura ou promesa na notaría ou o colexio notarial por el elixido.

Durante estes días parece que hai pequenos fallos na aplicación desta encomenda que, sen dúbida, se irán solucionando nos próximos días para que todos os que o necesiten poidan realizar correctamente a xura da nacionalidade e obter a partida de nacemento para solicitar o DNI e/ou o pasaporte á maior brevidade posible.

Non obstante, do que non cabe dúbida, é de que o Ministerio de Xustiza e o Consello Xeral do Notariado están a realizar un gran traballo en aplicación do Plan Intensivo de Tramitación.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas