GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Prexuízos, beneficios e inmigración

(10/06/2013)

Prexuízos, beneficios e inmigración

JOSÉ MANUEL ESTÉVEZ-SAÁ / elcorreogallego.es.
Luns 10.06.2013

Hoxe en día as barreiras xeográficas tradicionais dilúense, e as fronteiras ideolóxicas e espirituais redefínense. Nos últimos tempos produciuse un notable transvase de persoas de Sur a Norte e de Leste a Oeste. Pero as razóns que motivan estas migracións non sempre atenden a razóns económicas, senón tamén afectivas e culturais. A necesidade de emigrar por causas monetarias combínase agora con aspiracións persoais de diversa índole. E a inmigración da supervivencia cohabita con aquela que trae consigo profesionais altamente cualificados desexosos de mellorar as súas expectativas laborais, e dispostos a contribuír ao desenvolvemento da economía que os acolle.

Todo isto, que no marco dunha economía saudable significaría a constatación dun mundo que pasou de ser multicultural a transcultural e transnacional, no contexto de crise actual mostra a súa peor cara. O desprezo ao estranxeiro agudízase, os movementos racistas e xenófobos delatan a súa existencia, e os radicalismos políticos xermolan por todas as partes. Aos inmigrantes doutros contextos relixiosos míranse con receo, aos máis pobres asóciaselles coa delincuencia, aos que chegan con baixa cualificación acúsaselles de provocar a baixada dos salarios, e aos que traen baixo o brazo o título que certifica a súa capacidade e o seu talento acúsaselles de usurpar postos de traballo. Pero non é certo. Que actos de terrorismo illados sirvan para xeneralizar o odio cara a toda unha cultura é tan desproporcionado como pensen que se un ou varios dos nosos traballadores non cumpren no seu posto de destino, todo o país do que proceden é vago, ineficaz e incumpridor.

A columna do sábado escribíaa en Irlanda, a de onte enviábaa dende Romanía. Dous países que saben de emigración. O primeiro pasou de exportar emigrantes a importalos, e agora, de novo, a despedilos. O segundo mandábaos a Europa, sobre todo a España e Italia. Hoxe acolle o seu regreso para reenvialos a Rusia e cara ao Leste. Crucei Europa pensando no plan do Reino Unido para frear os inmigrantes, no rexeitamento que estes xeran en Francia, e na marxinación á que xa se ven sometidos mesmo en Suecia.
Entrementres, o Instituto Ortega e Gasset e Princeton revelan que o 80% dos inmigrantes nacidos en España se sente españois; e o Senado de EUA invita á Cámara de Representantes a debater a súa reforma migratoria toda vez que o Proxecto Hamilton, o Consello Nacional de Investigación, o Instituto de Política Económica e a Oficina de Presupostos do Congreso sinalan que o que achegan economicamente os inmigrantes ao país é moi superior aos gastos que xeran, que contribúen a aumentar o salario dos nacionais, e que unha vez asentados crean máis postos de traballo que os locais por resultar máis eficientes e emprendedores.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas