GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis de duascentas persoas celebraron o aniversario do Centro Unión Ourensá da capital cubana

(15/05/2013)

Máis de duascentas persoas celebraron o aniversario do Centro Unión Ourensá da capital cubana

A entidade prepara unha actividade especial dirixida aos mozos para o mes de xullo

E.E. Martes, 14 de Maio de 2013



Roberto Ogando diríxese aos asistentes.



Cunha actividade socio cultural no Centro Balear de Cuba, o Centro Unión Ourensá da Habana celebrou durante o pasado mes de abril o aniversario 104° da súa fundación en 1909 e o 19° da súa refundación en 1995.


Durante a xornada efectuouse un torneo amigable de dominó entre os equipos 'ourensáns' e 'baleares', encontro que finalizou sen vencedores nin vencidos, "pois a gañadora foi a amizade indestrutible entre a Casa Balear e o Centro Unión Ourensá da Habana".

Así mesmo efectuouse a entrega de premios do Concurso de Debuxo Infantil, que baixo o lema 'A amizade entre Cuba e España' contou coa participación de pequenos asociados de entre 4 e 11 anos de idade, resultando gañadores Rubiddel O. Valentín, Rocio Ruiz, Estefany Drisón, Mónica Pérez, Addiel Estévez, Camila Hernández, Haitiana Gil, Anet Figueredo, Romel Reyes e Melisa Báez.

Foron recoñecidos pola súa participación os nenos Melisa Pons, Alain González e Gabriela Moreno. Así mesmo, recibiu un Diploma que a acredita como refundadora a asociada Rosa González Campos, de 86 anos de idade.

Roberto Ogando Zas, titular da entidade, deu a coñecer durante o acto que xa comeza a prepararse a actividade infantil para o próximo mes de xullo, para a que se creará o grupo infantil 'Amiguitos de Ourense' e terá lugar unha 'Conferencia de Mozos Ourensáns', na que os asociados de entre 16 e 35 anos poderán expresar libremente as súas opinións con vistas a mellorar as actividades da Comisión Xuvenil que dirixe Yamilé García, tamén directora do Grupo de Baile 'Imeya'.

Autoridades e actuacións

Na actividade encontrábanse presentes xunto ao presidente Ogando Zas, os principais directivos do Centro: Felipe Cid, vicepresidente; Abilio Lozano, secretario, e Luis González, tesoureiro; así como unha das súas máis antigas asociadas, a sempre activa e entusiasta Olga Negreira, de 93 anos de idade, quen co seu contaxioso ánimo fixo vibrar os corazóns dos máis de douscentos asociados participantes nesta fermosa actividade socio cultural.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas