GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Viaxe Itinerante do Consulado de Bolivia a Vigo

(12/04/2013)

Viaxe Itinerante do Consulado de Bolivia a Vigo

Parainmigrantes abril 9, 2013


Estado Plurinacional de Bolivia

                  Estado Plurinacional de Bolivia

O Consulado Xeral de Bolivia en Madrid comunicou a través da súa páxina web a realización dun viaxe itinerante á cidade de Vigo (Pontevedra) os próximos días 20 e 21 de abril de 2013.

O Consulado Itinerante estará situado na Rúa Oliva n.º 12, baixo (centro de Vigo, ao lado da colexiata e moi preto do mercado de "A Pedra" e da rúa das ostras) e atenderá o día 20 en horario de 8:30 a 18:30 horas, e o 21 de abril, domingo, en horario de 8:30 a 15:00 horas.

Poderanse realizar os seguintes trámites:

- Inscricións de menores e solicitude de pasaportes por primeira vez.

Requisitos:

1. Certificado Literal orixinal.

2. Informe de Alta Médica e/ou Libro de Familia.

3. 3 exemplares de Fotocopia de Pasaportes dos Pais nunha soa folla.

4. Fotocopia de Certificado de Matrimonio (se son casados).

5. 5 fotos fondo branco, tamaño 4 × 5 (con vista aberta e ollos abertos).

6. Presenza do menor (imprescindible).

Aviso: a inscrición do neno é Gratuíta, o Pasaporte novo ten un custo de 72 euros e o Certificado de Nacemento Adicional ten un custo de 7 Euros.

- Renovación de Pasaportes.

Requisitos:

1. Renovación por caducidade: ata 4 meses antes da caducidade.

2. Por extravío: denuncia orixinal e fotocopia de pasaporte.

3. Taxa consular 72 euros.

- Poderes.

Requisitos:

1. Pasaporte vixente.

2. Fotocopia de documento de identidade da persoa a quen vai outorgar o Poder.

3. Instrutiva de Poder, asinado por Avogado en Bolivia (só para casos de procesos).

4. Taxa consular 72 euros.

Recórdase que para os seguintes trámites deben contar con pasaportes vixentes e fotocopias do pasaporte por cada solicitude a realizar:

Certificados de Antecedentes Penais Legalizados.
Certificados de Nacemento Legalizados.
Certifidados de Matrimonio Legalizados.
Certificado de Estado Civil Legalizados.
Certificados de Defunción Legalizados.
Certificados de inscrición Consular.
Outras actuacións consulares.

Así mesmo, comunícase que todos os trámites consulares solicitados durante a última viaxe de maio, serán entregados nos lugares indicados logo da presentación do resgardo e pasaporte.

 

Os cidadáns/ás que solicitaron os seus documentos no Consulado Xeral de Bolivia en Madrid e desexan recoller nas datas indicadas, deberán solicitar os seus documentos ao correo electrónico: info@consuladodebolivia.es ou ao teléfono 913 265 028.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas