GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Paula Prado, Marisol Soneira e Yolanda Díaz defenderán no Congreso as proposicións de lei sobre a modificación do voto exterior

(09/04/2013)

Paula Prado, Marisol Soneira e Yolanda Díaz defenderán no Congreso as proposicións de lei sobre a modificación do voto exterior

Redacción, Vigo - Cronicas da Emigración
| 09 de Abril de 2013



O Pleno do Parlamento Galego aprobou na súa sesión deste martes designar as deputadas Paula Prado (PP), Marisol Soneira (PSdeG) e Yolanda Díaz (AGE) para defender no Congreso dos Deputados as Proposicións de lei de modificación da Loreg no que se refire ao sufraxio do exterior, co obxecto de homoxeneizar o procedemento de voto dos residentes na diáspora co resto dos cidadáns.


Un total de 66 deputados dos 73 presentes na sala avalaron a designación das tres deputadas propostas para defender en Madrid as Proposicións de Lei coas que se pretende acabar coa baixa participación de españois no exterior nos comicios que se celebran en España, dende a entrada en vigor da reforma da Loreg no que se refire ao voto emigrante. A devandita reforma, que esixe aos emigrantes españois solicitar o voto para poder exercer o seu dereito ao sufraxio, leva implícito un procedemento de votación que entraña dificultades para axustarse aos prazos establecidos no sistema de voto do exterior.

Sete dos 73 deputados presentes na sala, todos eles do BNG, abstivéronse na votación, segundo explicou o voceiro nacionalista Francisco Jorquera, debido a que as propostas quedaron "caducas" e non se aclara" que o voto "teña que ser en urna". Por ese motivo, Jorquera pediu a retirada do proxecto.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas