GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Duplícanse os universitarios que emigran a outros países para traballar

(05/04/2013)

Duplícanse os universitarios que emigran a outros países para traballar

la voz

Data

Aos universitarios galegos tíralles a terriña ou só así se explica que o 84 % dos que traballan fágano na propia comunidade galega. Case un 15 % están noutra autonomía española e un pequeno 1,25 % repártense entre o resto de Europa e o mundo. Aínda así, o espírito aventureiro seguramente derivado da crise creceu entre os mozos titulados galegos, xa que hai tres anos esta porcentaxe era de menos da metade, un 0,52 %.

 

Os titulados que non traballan, estudan ou opositan. Os que máis optan por esta segunda opción son os graduados en carreiras relacionadas con maxisterio, educación ou traballo social ou psicoloxía. Os que menos, enxeñeiros e arquitectos.

Os titulados do sistema universitario galego consideran que a capacidade para a aprendizaxe, a motivación, a competencia para resolver problemas e para comunicarse de forma oral e escrita son as cualidades mais valoradas no seu traballo. A capacidade de liderado e o coñecemento de idiomas están á cola. A creatividade tampouco é unha virtude que os egresados vexan que valoran os seus contratadores, pero a lealdade e a honestidade, si.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Agosto 2019
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas