GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rescatados 34 inmigrantes en catro barcas inchables no Estreito

(18/03/2013)

Rescatados 34 inmigrantes en catro barcas inchables no Estreito

Cruz Vermella e Salvamento localizan aos 'sen papeis' en augas próximas a Tarifa

Dous desaparecidos no naufraxio dunha pateira no Estreito

O País Sevilla 18 MARZO 2013 -


Inmigrantes rescatados pola 'Salvamar Alkaid' e Cruz Vermella o pasado domingo preto de Tarifa. / MARCOS MORENO (AFP)


Dous días despois da desaparición dun home e unha muller indocumentados de orixe subsanariano tras afundirse a pequena embarcación inchable de xoguete na que viaxaban xunto a outras oito persoas. Salvamento Marítimo rescatou esta mañá no estreito de Xibraltar a un total de 34 inmigrantes da mesma procedencia, todos varóns e maiores de idade, cando intentaban alcanzar as costas españolas a bordo de catro embarcacións inchables de praia.

Segundo informaron fontes da Subdelegación do Goberno en Cádiz, os rescates producíronse despois de que o Centro de Coordinación de Salvamento de Tarifa recibise chamadas de teléfonos móbiles realizadas polos inmigrantes dende as propias barcas.

Inmediatamente, activouse un dispositivo de busca que contou co despregamento da embarcación Salvamar Alkaid de Salvamento Marítimo, a lancha Hermes da Cruz Vermella e o helicóptero Helimer 211.

A primeira embarcación foi localizada ás 8.05 horas pola lancha Hermes a 6 millas ao sueste de Tarifa e nela viaxaban 9 subsaharianos.

A segunda pateira foi encontrada pola Salvamar Alkaid cinco minutos despois na mesma posición que a anterior e nela viaxaban 8 inmigrantes.

A terceira foi localizada tamén pola Salvamar Alkaid a nove millas ao sueste de Tarifa con nove persoas a bordo e a última por helicóptero a 13 millas da costa con oito subsaharianos a bordo.

Todos os inmigrantes foron trasladados ao porto de Tarifa (Cádiz) en aparente bo estado.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas