GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Hirsch: "Necesitamos un sistema de inmigración por puntos para atraer ás mentes máis brillantes"

(15/03/2013)

Hirsch: "Necesitamos un sistema de inmigración por puntos para atraer ás mentes máis brillantes"

Parlamento Europeo. Inmigración 14-03-2013 -

 Imagen de la eurodiputada liberal alemana Nadja Hirsch

A eurodeputada liberal alemá Nadja Hirsch

O sistema de inmigración da UE debe axustarse para atraer os inmigrantes máis brillantes e facilitar a súa integración, determina o informe do Parlamento Europeo adoptado este 14 de marzo. A Eurocámara defende un enfoque común sobre a seguridade social para os traballadores estranxeiros e unha avaliación por puntos para captar os mellores. Falamos coa eurodeputada alemá liberal, Nadja Hirsch, sobre como este sistema axudaría a afrontar o envellecemento da poboación europea.



Señora Hirsch, por que é importante ter un enfoque común sobre a seguridade social? Que problemas axudará a resolver?


O máis importante é garantir que haxa diñeiro para a xubilación. Intentamos asegurar que os cidadáns da Unión Europea teñan o dereito de cobrar as pensións, con independencia de onde traballasen. Dentro da UE non hai problemas, pero é difícil para os que traballan fóra.

O informe asegura que necesitamos inmigrantes cualificados nos próximos dez anos para compensar o envellecemento da nosa poboación. Cales serían as consecuencias se non o conseguísemos?


A Unión Europea enfróntase a un cambio demográfico. Algunhas empresas teñen dificultades para encontrar o persoal cualificado que necesitan. Se non se cobren estas vacantes, o crecemento europeo verase afectado.


Para atraer o persoal cualificado, teremos que competir co resto do mundo. Propuxemos uns criterios de acceso para conseguir as mentes máis brillantes, que cada Estado da Unión Europea é libre de adoptar.

O apoio á inmigración está a minguar en moitos países, en parte porque se perciben problemas coa integración. Como afronta esta cuestión a lexislación?

Na lexislación proponse a creación de oficinas que orienten aos inmigrantes antes de saír dos seus países, por exemplo, axudándolles a buscar un aloxamento ou un curso de idiomas. Deste modo, poden empezar a prepararse e integrarse. O máis importante, non obstante, é que a integración se produza á súa chegada.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas