GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Igualdade destaca o apoio da Xunta aos programas de atención a mulleres inmigrantes en situación de explotación sexual

(01/03/2013)

Igualdade destaca o apoio da Xunta aos programas de atención a mulleres inmigrantes en situación de explotación sexual

 
  • A Secretaria Xeral de Igualdade recibiu onte ás responsables do Programa Vagalume de Cáritas Santiago.
 
Susana López Abella mantivo unha reunión con representantes do Centro Vagalume de Cáritas Santiago. Foto: Conchi Paz.
Susana López Abella mantivo unha reunión con representantes do Centro Vagalume de Cáritas Santiago. Foto: Conchi Paz.

 

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2013.

A Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella reiterou onte o apoio da Xunta a programas de atención de mulleres inmigrantes en situación de prostitución ou trata con fins de explotación sexual.

A Secretaria Xeral de Igualdade mantivo onte unha reunión con representantes do Centro Vagalume de Cáritas Santiago onde destacou que o goberno galego seguirá apoiando programas como o que leva a cabo Vagalume, colaborando no seu mantemento e agradecéndolle o esforzo e o traballo que día a día levan a cabo.

Vagalume dedícase ao apoio especializado a mulleres que exercen a prostitución ou son obxecto de trata con fins de explotación sexual, e segundo as responsables de Vagalume o ano pasado atenderon cerca de 130 mulleres na cidade de Santiago.

O departamento que dirixe López Abella firma anualmente convenios con nove entidades dedicadas especificamente a traballar con mulleres inmigrantes en situación de trata con fins de explotación sexual. A partida orzamentaria que Igualdade destina este ano para desenvolver programas de atención a mulleres nesta situación é de máis de 360.000 euros, preto dun 20 por cento máis que o ano pasado.

Vagalume
O Centro Vagalume leva traballando en Santiago dende fai 23 anos atendendo a mulleres inmigrantes en situación de trata ca finalidade de apoiar a recuperación e a integración social e laboral destas mulleres.

En Vagalume traballan con mulleres que viven en contextos de prostitución e realizan o seu labor a través de catro proxectos: un centro de día, un piso de acollida, un centro psicoeducativo e familiar e o traballo na rúa, a través do cal as e os traballadores do centro achéganse aos lugares onde se exerce a prostitución para darlles información sociosanitaria e reparto de preservativos.

O seu obxectivo é converterse nun lugar de referencia onde as mulleres e os seus fillos e fillas encontren apoio, información, orientación e poidan iniciar un proceso de recuperación; favorecendo a súa calidade de vida e promovendo a súa autonomía. Ademais, Vagalume dedicase tamén a informar e sensibilizar á sociedade en xeral da situación da muller obxecto de explotación sexual e trata; entre outros.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas